INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas ou 2012

2012

O PROXECTO PILOTO DE ILUMINACIÓN EXTERIOR POSTO EN MARCHA EN SAN CIBRAO DAS VIÑAS POR ECONOMÍA E INDUSTRIA PERMITE AFORROS DUN 60% NO CONSUMO ENERXÉTICO

10/04/2012

- A nova instalación supón un aforro económico anual de 4.200 euros nas zonas nas que se desenvolveu, diminuíndose os custos de mantemento en máis de 450 euros ao ano.

- As luminarias implicarán unha redución de preto de 10.500 kg/ano de CO2, equivalente á plantación de máis de medio milleiro de árbores.

O RENOVE DE CLIMATIZACIÓN DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PERMITE A SUBSTITUCIÓN DE 1.300 EQUIPOS POR OUTROS MÁIS EFICIENTES

08/04/2012

- O programa incentivou a instalación de caldeiras de condensación, bombas de calor e equipos de aire acondicionado eficientes con axudas de ata máis de 3.800 euros.

- O plan permite xerar un aforro de enerxía primaria de máis de 143 toneladas equivalentes de petróleo reducindo o consumo das instalacións de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria.

- O número de establecementos adheridos superou os 360, por riba das previsións iniciais, o que supuxo que a demanda de axudas fose tamén moi alta.

O INEGA É A PRIMEIRA ADMINISTRACIÓN GALEGA EN OBTER A CERTIFICACIÓN DO SEU SISTEMA DE XESTIÓN ENERXÉTICA

05/04/2012

- A aplicación da norma ISO 50001 permitirá reducir o consumo enerxético global nas instalacións e servizos prestados polo Inega nun 25%.

- Esta norma, a máis relevante a nivel internacional no que a sistemas de xestión da enerxía se refire, persegue incrementar o rendemento enerxético das entidades onde se aplica, aforrar custos e reducir as emisións á atmosfera de CO2.

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE A EFICIENCIA ENERXÉTICA NA INDUSTRIA DO FRÍO PARA IMPULSAR A REDUCIÓN DO CONSUMO E O AFORRO ECONÓMICO

22/03/2012

- O director do Inega, Eliseo Diéguez, destacou en Vigo na inauguración dunha xornada centrada neste sector a aposta da Consellería polo uso racional da enerxía.

- No encontro achegouse información sobre as distintas axudas postas a disposición das empresas polo departamento que dirixe Javier Guerra para a realización de auditorías enerxéticas ou para a substitución de equipamentos.

- Diéguez recordou que a Consellería de Economía e Industria leva investido nesta lexislatura preto de 60 millóns de euros no programa de actuacións de aforro e eficiencia enerxética, que permitiron alcanzar un aforro económico de 90 millóns de euros.

AS AUDITORIAS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DETECTAN QUE AS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS PODEN AFORRAR UN 35% EN ENERXÍA, O QUE SUPÓN 6.300 EUROS NA FACTURA ANUAL

17/03/2012

- A adopción das medidas de aforro e eficiencia permitiría aforrar a estas explotacións máis da metade do que gastan ao ano en enerxía.

- O estudo, elaborado polo Inega, auditou 10 explotacións representativas do sector co obxectivo de reducir os custos de funcionamento, incrementar a produtividade e a competitividade desta industria.

-Entre as opcións propostas destaca a instalación de intercambiadores de placas para o prearrefriado do leite, a instalación dun variador de velocidade nas bombas de baleiro ou a substitución de lámpadas por outras máis eficientes.

- Se as 12.000 explotacións gandeiras galegas incluísen medidas de aforro e eficiencia nas súas instalacións acadaríase un aforro enerxético total próximo aos 12.000 tep/ano e un aforro económico de 16 millóns de euros.
 

ECONOMÍA E INDUSTRIA OFRECE AOS COMPOSTELÁNS CONSELLOS A PÉ DE RÚA PARA PROMOVER O AFORRO ENERXÉTICO

16/03/2012

- O director do Inega resalta a importancia de “establecer hábitos de consumo racional” facendo que a xente tome conciencia dun “uso responsable da enerxía”.

- O Módulo Itinerante de Eficiencia Enerxética, que permanecerá ata o domingo na Praza do Toural, atende de xeito individual as dúbidas dos cidadáns no eido da enerxía.

- Temas como as vantaxes das enerxías renovables, as opcións de rehabilitación eficiente de vivendas ou a contaminación urbana serán abordados en distintas mesas redondas.

- Infórmase sobre as distintas actuacións e liñas de axuda da Consellería para o fomento do aforro e a eficiencia enerxética.

ECONOMÍA E INDUSTRIA PARTICIPA A TRAVÉS DO IENGA NUN ESTUDO INTERNACIONAL PARA A OBTENCIÓN DE ENERXÍA A PARTIR DE MICROALGAS

14/03/2012

- O Instituto Enerxético de Galicia porá en marcha unha planta piloto de cultivos para obter biodiésel, que se instalará na estación depuradora de Tui grazas a un acordo con Augas de Galicia.

- A iniciativa, que se encadra dentro do proxecto europeo EnerBioAlgae, servirá para estudar as posibilidades técnicas, económicas e ambientais da obtención de biocombustibles ao tempo que se depuran augas residuais.
 

O MÓDULO ITINERANTE DE EFICIENCIA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA ASESORA AOS PONTEVEDRESES SOBRE AFORRO ENERXÉTICO

12/03/2012

- Expertos en enerxía fan asesorías individuais e reparten preto de medio millar de guías de aforro e a eficiencia enerxética no fogar.

- Durante os dous días que a sede móbil permaneceu na Praza de España, realizáronse trinta asesorías enerxéticas individuais.

- O módulo acolleu mesas redondas con profesionais sobre as distintas posibilidades de aforrar enerxía na rehabilitación de cascos históricos e sobre os tipos de enerxía.

- Informouse sobre as liñas de axuda que a Consellería ten abertas nestes momentos, como o Plan Renove de Equipos de Climatización ou o de Iluminación Interior.

O MÓDULO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA CHEGA A PONTEVEDRA PARA FOMENTAR O AFORRO NO TRANSPORTE E NAS VIVENDAS

10/03/2012

- Esta iniciativa ofrece aos pontevedreses a posibilidade de facer asesorías de aforro e eficiencia enerxética personalizadas con especialistas.

- No Módulo Itinerante de Eficiencia Enerxética, que está hoxe e mañá na Praza de España, celebraranse mesas redondas abertas ao público.

- Os cidadáns están a resolver as súas dúbidas sobre o consumo enerxético a través de asesorías individuais, nas que se lles ofrecen consellos para aforrar nos seus fogares.

- Tamén se informa sobre as liñas de axuda que a Consellería ten abertas nestes momentos, como o Plan Renove de Equipos de Climatización ou o de Iluminación Interior.

O MÓDULO ITINERANTE DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO INEGA REALIZA PRETO DE 40 ASESORÍAS INDIVIDUALIZADAS DE AFORRO E EFICIENCIA EN OURENSE

09/03/2012

- O que máis preocupa aos cidadáns que se achegaron ao módulo é reducir custos na calefacción e na iluminación.

- Esta iniciativa da Consellería de Economía e Industria permite facer asesoramentos individualizados con profesionais.

- Ata a sede móbil situada na esquina da Rúa do Paseo cos Xardíns do Padre Feijóo achegáronse centos de ourensáns que recibiron consellos prácticos para aforrar enerxía e información sobre as distintas liñas de axuda promovidas pola Consellería de Economía e Industria.

- O Módulo acolleu mesas redondas que trataron sobre a importancia de que os concellos diagnostiquen os seus consumos enerxéticos, e sobre as posibilidades de aforro no fogar.

|< <<< << 7 8 9 10 11 >> >|