INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2012 ou Agosto

Agosto

UN ESTUDO DE ECONOMIA E INDUSTRIA DETECTA QUE AS EMPRESAS MADEREIRAS PODEN AFORRAR 46.000 EUROS AO ANO EN ENERXIA E DIMINUIR O 20% DO SEU CONSUMO ENERXETICO

31/08/2012

- Serradoiros, carpintarías e moblarías presentan un consumo enerxético medio que supón o 1,7% da súa facturación cun custo aproximado de 230.000 euros.

- A substitución de lámpadas por outras máis eficientes, a adecuación da factura aos consumos, o control de sistemas de climatización permiten diminuír o gasto.

- Galicia suma máis de 3.500 empresas que, no caso de implementar as medidas propostas, obterían un aforro enerxético que se traduciría nun aforro económico de 160 millóns de euros.

ECONOMIA E INDUSTRIA CONTRIBUE AO AFORRO DE 65 MILLONS DE EUROS ANUAIS A TRAVES DO PROGRAMA DE ACCIONS PARA A EFICIENCIA ENERXETICA

27/08/2012

- O transporte é o sector con mellores rateos de aforro enerxético, cun 41% do total, o que permitiu unha diminución de custos de case 40 millóns de euros anuais.

- A actuacións desenvolvidas na industria da edificación e do equipamento doméstico beneficiaron a máis de 135.000 familias galegas que puideron mellorar a eficiencia enerxética das súas vivendas.

- Os concellos galegos suman 429 proxectos de eficiencia enerxética en iluminación pública e máis de medio cento de auditorías enerxéticas nos últimos tres anos.

- Con respecto á industria, desenvolvéronse 168 proxectos de aforro e eficiencia enerxética e preto de 200 auditorías e estudos de viabilidade para mellorar a súa competitividade.

- Coa posta en marcha destes programas estase a evitar a emisión a atmosfera de 215.000 toneladas de CO2 cada ano.

O INEGA CELEBRA A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE PARA FOMENTAR UN MODELO RESPONSABLE DE TRANSPORTE EN GALICIA

25/08/2012

- A campaña desenvolverase entre o 16 e o 22 de setembro e porá en marcha un Plan de Mobilidade para os traballadores dos servizos centrais da Xunta.

- A Consellería de Economía e Industria reitera a súa aposta por unha mobilidade eficiente que permita importantes aforros económicos e a diminución do impacto ambiental.

- A través das actuacións promovidas pola Consellería que dirixe Javier Guerra no eido do aforro e a eficiencia no transporte acadouse unha diminución das emisións de CO2 en 110.000 toneladas por exercicio.
 

A XUNTA PROMOVE O AFORRO DE ENERXIA E O EMPREGO DE FONTES RENOVABLES ENTRE OS USUARIOS DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLANTICAS

23/08/2012

- Unha campaña informativa achega aos visitantes das Cíes consellos útiles para aforrar enerxía no verán.

- A través desta iniciativa, apórtanse recomendacións a seguir tanto estando de acampada nas illas como no resto do verán.

- Durante a súa estancia os usuarios poden empregar enerxía solar para a recarga dos seus móbiles.

- Tamén lembra, de cara a viaxe, que un vehículo circulando a 120 km/h coas barras instaladas e sen carga incrementa o seu consumo un 7%, e se incorpora o portaequipaxes, un 16%.

O INEGA SUMASE AO PROGRAMA RE-ACCIONA DO IGAPE PARA IMPULSAR A EFICIENCIA ENERXETICA COMO FACTOR DE COMPETIVIDADE DAS PEMES GALEGAS

21/08/2012

- Ofrecerase asesoramento ás Pemes sobre os seus consumos co obxectivo de que poidan aforrar custes e enerxía.

- Economía e Industria reforza así o compromiso da Xunta de Galicia polo aforro e a eficiencia enerxética como un dos piares básicos da súa política enerxética.

RAQUEL ARIAS DESTACA QUE A XUNTA SUBVENCIONA CON PRETO DE 130.000 EUROS OBRAS PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXETICA EN CONCELLOS DA MARIÑA, CO QUE FACILITARA UN AFORRO NA FACTURA DA LUZ

14/08/2012

- A delegada territorial subliñou “a importancia destes proxectos, que posúen especial relevancia tanto polos beneficios no apartado económico, xa que facilitan o aforro na factura da luz, como no ámbito medioambiental”.

- A redución do consumo enerxético que se acada nestas dotacións logo da renovación dos dispositivos chega ata o 50%.

- Os municipios beneficiarios, que aportan ata un 30% do custe total das obras, renovan as instalacións de iluminación pública e semáforos, realizan estudos e auditorías enerxéticas para valorar prácticas de aforro.

O SECTOR INDUSTRIAL GALEGO PODE AFORRAR UN 10% DE ENERXIA SEGUNDO OS ESTUDOS DA CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA

14/08/2012

- O consumo en enerxía da industria galega representa un 48% do total da comunidade.

- Segundo un informe do Inega, as 50 empresas auditadas poden aforrar 3 millóns de euros aplicando medidas de eficiencia enerxética..

- As distintas actuacións permitirían tamén evitar a emisión de máis de 13.000 toneladas anuais de CO2 á atmosfera.

ECONOMÍA E INDUSTRIA DIMINUIRA ATA UN 20% O CONSUMO ENERXETICO DO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACION DEPORTIVA DE PONTEVEDRA

13/08/2012

- O Inega porá en marcha medidas que lograrán reducir nun 10% a factura enerxética evitándose a emisión a atmosfera de 1.000 toneladas de CO2 durante os próximos dez anos.

- Substituiranse as caldeiras e os sistemas de calefacción por outros de menor consumo, modernizando os sistemas de regulación e a sala de máquinas na zona da residencia.

- O obxectivo é potenciar a eficiencia enerxética e o aforro nas instalacións fomentando a o aproveitamento dos recursos e incorporando fontes menos contaminantes.

O INEGA PON EN MARCHA UNHA PLANTA PILOTO DE CULTIVO DE MICROALGAS QUE POIDAN SER USADAS COMO COMBUSTIBLE

04/08/2012

- A instalación, que conta cun volume de 160 metros cúbicos, efectuouse na EDAR de Guillarei, en Tui, e permitirá estudar a viabilidade técnica, económica e ambiental da obtención de biocombustibles.

- A iniciativa encádrase dentro do proxecto europeo EnerBioAlgae, que ten como obxectivo avanzar no emprego de microalgas como fonte de enerxía.

O CICLO DE CHARLAS FORMATIVAS SOBRE O AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA ORGANIZADO POR ECONOMIA E INDUSTRIA NA COMARCA DO DEZA CONTOU COA PARTICIPACION DE 200 GANDEIROS

01/08/2012

- O director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Eliseo Diéguez García, impartiu en Agolada a última xornada desta iniciativa centrada nas explotacións de leite.

- A optimización dos consumos enerxéticos pode supor aforros económicos de máis do 50%.