INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

AS PEMES XA PODEN ACCEDER AO SERVIZO DE ASESORÍA ENERXÉTICA QUE CTIVA HOXE ECONOMÍA E INDUSTRIA A PROL DO AFORRO E A EFICIENCIA

20/04/2012

- O servizo resolve directamente e de xeito individualizado cuestións para a posta en marcha de melloras de nas empresas no ámbito enerxético, relacionadas co prezo da enerxía no mercado, normativa e liñas de axuda.

- O servizo de Diagnose Enerxética On-Line do Inega ten detectado posibilidades de aforro nas pemes do 15%.

- As pemes poden dirixir as súas preguntas ao enderezo inega.asesoriaenerxetica@xunta.es ou chamar ao teléfono 981 541 540.

Santiago, 20 de abril de 2012.- A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pon hoxe en marcha un servizo de asesoría enerxética para pequenas e medianas empresas co obxectivo de facilitar a toma de decisións relacionadas co consumo eléctrico, contribuíndo á potenciación do aforro e a eficiencia enerxética. Así, todos aqueles interesados poderán dirixir as súas cuestións ao enderezo electrónico inega.asesoriaenerxetica@xunta.es ou chamar ao 981 541 540.

Este servizo permitirá ás empresas plantexar directamente, e de xeito individualizado, cuestións relacionadas coa posta en marcha de melloras no ámbito enerxético: prezo da enerxía no mercado, normativa, liñas de axuda ás que teñen acceso. Mediante a resolución das distintas dúbidas, agárdase que as empresas galegas poidan diminuír de xeito importante os seus rateos de consumo enerxético, mellorando, así, a súa competitividade.

A través desta asesoría enerxética, a eficiencia non será unha simple acción illada, senón un proceso continuado de xestión, que disporá dun apoio técnico de carácter multidiscilplinar. Así mesmo, este achegamento á problemática cotiá das empresas permitirá á Consellería axustar as súas actuacións de fomento da eficiencia ás demandas reais dos distintos sectores de actividade.

A nova asesoría configúrase como un complemento ás necesidades detectadas polo Inega a través do seu servizo de Diagnose Enerxética On-Line que foi posto en marcha fai menos dun ano e ten detectado posibilidades de aforro nas pemes de case un 15%. Esta aplicación suma xa 400 auditorías, das que se remataron por completo un total de 46.

A aplicación consta de dous niveis, un básico e outro especializado, e conta con doce bloques temáticos que responden ás principais necesidades manifestadas polas pemes. O elevado nivel de satisfacción das empresas con esta ferramenta, o Inega pon en marcha agora a asesoría enerxética co obxectivo de mellorar a información proposta sobre as medidas a adoptar no eido do aforro enerxético.
 
Entre estas medidas cómpre salientar a substitución de lámpadas por outras máis eficientes, a utilización de sistemas automáticos de control do acendido ou a instalación de mecanismos de medición de consumo. No ámbito da enerxía térmica, as empresas deben adecuar as temperaturas en función da súa ocupación e da actividade que realizan, optimizar o funcionamento das caldeiras e mellorar os cerramentos. Así mesmo, tamén se detectan posibilidades de aforro en materia de transporte, a través do emprego de vehículos con axeitado consumo ou da posta en práctica dunha condución máis eficiente.