INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2012 ou Xaneiro

Xaneiro

ECONOMÍA E INDUSTRIA ABRE MAÑÁ O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS DE ATA O 30% NA SUBSTITUCIÓN DE EQUIPOS DE CLIMATIZACIÓN POR OUTROS MÁIS EFICIENTES

27/01/2012

- A Consellería prevé cambiar máis de 1.200 equipos en toda Galicia a través deste plan Renove, ao que se destina un orzamento de 900.000 euros

- Con estas axudas, que poden chegar ata preto de 4.000 euros, a Xunta fomenta a mellora da eficiencia enerxética das instalacións que se renoven, xa sexan de calefacción, climatización ou auga quente

- Prevese un aforro de enerxía primaria de máis de 143 toneladas equivalentes de petróleo, e evitar a emisión de máis de 574 toneladas de CO2 á atmosfera

- Os interesados poden consultar a listaxe de empresas colaboradoras a través da web do Instituto Enerxético de Galicia –www.inega.es-
 

PORTOS DE GALICIA E INEGA REALIZARÁN UN PROXECTO PILOTO DE AFORRO ENERXÉTICO NO PEIRAO DE CELEIRO

22/01/2012

- As consellerías do Medio Rural e do Mar e de Economía e Industria asinarán un convenio para a substitución das actuais luminarias por tecnoloxía LED.
- A experiencia desenvolverase nos viais do porto lucense, onde se avaliará a reducción de custes de conservación e mantemento das lámpadas.

O RENOVE DE FIESTRAS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA MELLORA A EFICIENCIA NO USO DA ENERXIA EN PRETO DE 2.500 EDIFICIOS

12/01/2012

- Con este Plan a Consellería favoreceu a mobilización de preto de 11 millóns de euros.
- O Renove de fiestras de Economía e Industria mellora a eficiencia no uso da enerxía en preto de 2.500 edificios.
- Co Renove de Fiestras, cambiáronse máis de 15.000 fiestras por outras máis eficientes o que permitirá un aforro de enerxía primaria duns 2.500 MWh, evitándose a emisión de 500 toneladas de CO2 á atmosfera.

AS CONSELLERÍAS DO MEDIO RURAL E DO MAR E DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PROBAN NO PORTO DE PORTONOVO UN PIONEIRO SISTEMA DE MINI XERADORES EÓLICOS

09/01/2012

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

 - A instalación deste sistema supón unha alternativa na xeración de enerxía eléctrica en portos deportivos galegos.
- A actuación únese a outros estudos e accións desenvolvidos por ambas consellerías para a implantación de medidas de aforro e eficiencia nas instalacións e actividades portuarias.