INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

O RENOVE DE FIESTRAS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA MELLORA A EFICIENCIA NO USO DA ENERXIA EN PRETO DE 2.500 EDIFICIOS

12/01/2012

- Con este Plan a Consellería favoreceu a mobilización de preto de 11 millóns de euros.
- O Renove de fiestras de Economía e Industria mellora a eficiencia no uso da enerxía en preto de 2.500 edificios.
- Co Renove de Fiestras, cambiáronse máis de 15.000 fiestras por outras máis eficientes o que permitirá un aforro de enerxía primaria duns 2.500 MWh, evitándose a emisión de 500 toneladas de CO2 á atmosfera.

Santiago, 12 de xaneiro de 2012.- O Plan Renove de Fiestras da Consellería de Economía e Industria permitiu mellorar e eficiencia no uso da enerxía, mediante a renovación de fiestras, en preto de 2.500 edificios e favoreceu a mobilización dun volume de investimentos próximo aos 11 millóns de euros.

Así, e grazas ao incremento do orzamento nun 35%, ata os 2,5 millóns de euros, puidéronse subvencionar estas actuacións encadradas dentro da aposta da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética. En total, cambiáronse máis de 15.000 fiestras por outras máis eficientes de madeira, PVC ou metálicas, o que permitirá un aforro de enerxía primaria duns 2.500 MWh, evitándose a emisión de 500 toneladas de CO2 á atmosfera.

Así, unha vez máis a través deste programa alcanzaranse melloras significativas na demanda enerxética das vivendas e nos edificios do sector terciario. Para ilo, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) incentivou á súa renovación con axudas que chegaron aos 3.000 euros por piso ou vivenda unifamiliar e ata 50.000 euros por edificio, alcanzando a subvención o máximo do 25% do custo total da obra.

O número de establecementos adheridos ao Plan, un total de 359, situouse por riba das previsións iniciais, o que supuxo que a demanda de axudas fose tamén moi alta, debido ao bo grao de aceptación deste tipo de actuacións de aforro e eficiencia enerxética entre a cidadanía, como xa vén sendo unha práctica habitual nestas accións impulsadas desde a Consellería de Economía e Industria.