INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2012 ou Febreiro

Febreiro

ECONOMÍA E INDUSTRIA PON EN MARCHA UN PLAN PILOTO QUE PERMITIRÁ AOS CONCELLOS REDUCIR CUSTOS ENERXÉTICOS E ECONÓMICOS NA ILUMINACIÓN PÚBLICA

14/02/2012

- O Instituto Enerxético de Galicia comprobará as vantaxes do uso de tecnoloxía eficiente cun programa experimental que se ensaiará en nove municipios galegos.

- Os participantes neste ensaio serán Boqueixón e Boiro na provincia da Coruña; Foz e Taboada, en Lugo; Arnoia e Pontedeva, en Ourense; e Nigrán, Moraña e Ribadumia na provincia de Pontevedra.

- Substituiranse luminarias e equipos por outros máis eficientes, o que permitirá acadar aforros enerxéticos de ata o 60%, repercutindo tamén na factura eléctrica.

- O custo total das actuacións ascende aos 500.000 euros, dos cales o Inega achegará o 40%.

OS PLANS DE INSPECCIÓN DE INSTALACIÓNS TÉRMICAS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DETECTAN POSIBILIDADES DE AFORRO ENERXÉTICO NO 90% DOS MÁIS DE 2.200 INMOBLES SUPERVISADOS

11/02/2012

 - A adopción das medidas permite alcanzar un aforro enerxético medio superior ao 25% nos inmobles do sector servizos e nas comunidades de veciños, mentres que nas vivendas unifamiliares se chegaría ao 16%.

- Un inmoble do sector servizos pode reducir de media o seu consumo enerxético en 30.000 kWh/ano, obtendo un aforro económico de 2.400 euros, e unha comunidade de veciños aforraría 49.000 kWh/ano e case 4.000 euros.

- As inspeccións inclúen unha revisión gratuíta completa e un ditame con propostas de melloras ou modificacións para incrementar a eficiencia enerxética.

- Paralelamente ás revisións, informouse sobre as distintas liñas de axuda do Inega, facilitándose a solicitude de axudas ás que acollerse para levar a cabo as medidas de optimización enerxética propostas.

UNHA APLICACIÓN ELABORADA POLO INEGA PERMITIRÁ AOS CONCELLOS AFORRAR NO SEU CONSUMO ELÉCTRICO

10/02/2012

- A ferramenta de cálculo de tarifas eléctricas elaborada polo Instituto dependente de Economía e Industria permitirá optimizar a potencia contratada e a demanda de enerxía reactiva.

-  Este programa proporá as posibles medidas a adoptar, como a conveniencia de aumentar ou diminuír a potencia contratada ou de optar pola discriminación horaria.

UN TALLER IMPULSADO POR ECONOMÍA E INDUSTRIA ESTUDA A APLICACIÓN DO HIDRÓXENO Á MOBILIDADE

08/02/2012

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O obradoiro organizado polo Inega serve como plataforma de intercambio de experiencias en materia de hidróxeno co obxectivo de xerar novos proxectos.

- A xornada permite pór en común as distintas actuacións das entidades participantes, entre as que destacan a Fundación Sotavento, a Fundación para el Desarrollo de las Nuevas Tecnologías de Hidrógeno en Aragón, ou as axencias da enerxía da Coruña e de Vigo.

UNHA NOVA EDICIÓN DO CURSO DE XESTOR PARA A EFICIENCIA IMPULSADO POR ECONOMÍA E INDUSTRIA PERMITE AVANZAR NA FORMACIÓN DE ESPECIALISTAS NESTE ÁMBITO

05/02/2012

- A inscrición pode realizarse a través da páxina web do Inega –www.inega.es- a partir de mañá luns e ata o 26 de febreiro

- Na primeira edición deste curso rexistráronse máis de 1.200 solicitudes para o centenar de prazas ofertadas

- A xestión enerxética, a edificación sostible, as instalacións eléctricas e térmicas ou a integración de enerxías renovables son algúns dos temas que aborda o programa

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA O AFORRO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA COA NOVA CALDEIRA DE BIOMASA DEO CONCELLO DE RIBAS DE SIL

04/02/2012

- A instalación, que serve para calefactar o edificio de ampliación da casa consistorial e xerar auga quente, contou cunha achega de 10.000 euros por parte do Instituto Enerxético de Galicia.

- Con esta medida evitarase a emisión de 24 toneladas de CO2 á atmosfera cada ano.

- Esta actuación permitirá un aforro anual de máis de 4.000 euros e de case 90 MWh en combustibles fósiles.

ECONOMÍA E INDUSTRIA ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS DE ATA O 25% NA SUBSTITUCIÓN DE EQUIPOS DE ILUMINACIÓN POR OUTROS MÁIS EFICIENTES

02/02/2012

 

- A Consellería prevé realizar actuacións en 250 edificios e vivendas de Galicia a través deste plan Renove, ao que se destina un orzamento de 490.000 euros.

- Prevese un aforro de enerxía primaria de máis de 1,9 millóns de kWh/ano, evitándose a emisión de 300 toneladas de CO2 á atmosfera.

- Os interesados poden consultar a listaxe de empresas colaboradoras a través da web do Instituto Enerxético de Galicia –www.inega.es-

|< << 1 2