INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

UN TALLER IMPULSADO POR ECONOMÍA E INDUSTRIA ESTUDA A APLICACIÓN DO HIDRÓXENO Á MOBILIDADE

08/02/2012

- O obradoiro organizado polo Inega serve como plataforma de intercambio de experiencias en materia de hidróxeno co obxectivo de xerar novos proxectos.

- A xornada permite pór en común as distintas actuacións das entidades participantes, entre as que destacan a Fundación Sotavento, a Fundación para el Desarrollo de las Nuevas Tecnologías de Hidrógeno en Aragón, ou as axencias da enerxía da Coruña e de Vigo.

presentacion_h2

Santiago, 8 de febreiro de 2012.- A Consellería de Economía e Industria organizou hoxe, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), un taller no que se estudou a aplicación práctica do hidróxeno á mobilidade, poñendo en común as distintas actuacións e proxectos das entidades participantes. No encontro analizouse a importancia do hidróxeno como un dos vectores enerxéticos que máis atención acapara hoxe en día, e que, tal e como sinalou o propio director do Inega, Eliseo Diéguez, “se postula como posible candidato para substituír ao petróleo como combustible en automoción”.

Neste contexto, o obradoiro serviu como plataforma na que pór en común experiencias en materia de hidróxeno co obxectivo de xerar novos proxectos, entre a Fundación para el Desarrollo de las Nuevas Tecnologías de Hidrógeno en Aragón e as entidades galegas participantes, entre as que se contaron, entre outras, as axencias da enerxía da Coruña (Faepac) e de Vigo (Faimevi), o Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética, Energy Lab ou a Fundación Sotavento.

A través desta xornada, a Consellería de Economía e Industria mantén a súa aposta polo aforro e a eficiencia como obxectivos estratéxicos da súa política enerxética, que se centra en impulsar a redución da alta dependencia enerxética coa utilización de recursos renovables, e favorecer o uso racional da enerxía, impulsando medidas de aforro e de eficiencia enerxética.