INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A INSTALACIÓN DE PRETO DE 500 CALDEIRAS DE BIOMASA EN GALICIA

26/05/2012

- O uso destas caldeiras permite un aforro económico de 640.000 euros anuais.

- O Inega subvencionou ata o 30% do custo de cada instalación, e o 45% no caso dos concellos.

- Con esta iniciativa evitarase a emisión á atmosfera de 3.300 toneladas de CO2 cada ano.

Santiago, 26 de maio de 2012.- A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), impulsou durante o 2011 a execución de proxectos que permitiron instalar 448 caldeiras de biomasa en fogares, empresas e na administración pública. Grazas á instalación destes equipos, os beneficiarios poderán aforrar unha media de preto de 1.500 euros por exercicio, o que supón un aforro económico conxunto próximo aos 640.000 euros ao ano.

O Inega subvencionou ata o 30% do custo de cada instalación, agás no caso dos concellos para os que a Conselleria incrementou as axudas ata o 45%, co obxectivo de contribuír ao aforro enerxético e económico dos municipios galegos. Con este iniciativa, foi posible a substitución de caldeiras convencionais por outras máis eficientes de biomasa, como á nova instalación destes equipos.

Deste xeito, evitarase a emisión á atmosfera de 3.300 toneladas de CO2 cada ano. Neste contexto, compre salientar que, debido ao incremento do prezo dos combustibles fósiles tradicionais, a instalación de caldeiras de biomasa permite importantes aforros económicos nos custos de combustible. Así, o prezo do gasóleo por kWh supera os 9 céntimos de euro, o dobre co custo da biomasa.

Este programa de axudas enmárcase dentro da aposta estratéxica da Xunta de Galicia de aproveitamento dos recursos autóctonos, neste caso da biomasa, mediante a implantación das enerxías renovables coa fin de facer de Galicia unha comunidade líder no aproveitamento das fontes limpas.

No que vai de lexislatura, a Consellería de Economía e Industria leva mobilizados máis de 12 millóns de euros en axudas a fontes renovables –biomasa, biogás e solar fotovoltaica illada, conectada á rede e térmica-, evitando a emisión á atmosfera de 38.000 toneladas de CO2.