INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2012 ou Outubro

Outubro

O SERVIZO DE DIAGNOSE ENERXÉTICA ON-LINE PARA PEMES DE ECONOMÍA E INDUSTRIA ACADA O MEDIO MILLEIRO DE USUARIOS NO SEU PRIMEIRO ANO

07/10/2012

- O sistema detecta un potencial de aforro de máis do 14% nas empresas galegas auditadas.

- O servizo configúrase como unha ferramenta de aforro e eficiencia para as pequenas e medianas empresas, que contribúe a mellorar a súa competitividade.

- O Inega complementa esta ferramenta cun servizo de asesoría individualizada a través do cal as pemes poden resolver dúbidas e pór en marcha as melloras recomendadas nas auditorías.

ECONOMÍA E INDUSTRIA PON EN MARCHA UN PROXECTO PILOTO DE ILUMINACIÓN EXTERIOR PARA REDUCIR CUSTOS ENERXÉTICOS E ECONÓMICOS NA ADMINISTRACIÓN LOCAL

05/10/2012

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O Instituto Enerxético de Galicia vén de asinar un convenio cos concellos de Boiro, Taboada, Pontedeva e Nigrán para comprobar as vantaxes do uso de tecnoloxía eficiente cun programa experimental

- Substituiranse luminarias e equipos por outros máis eficientes, o que permitirá acadar aforros enerxéticos de ata o 75%

- Aspírase a reducir a factura eléctrica nas zonas incluídas no estudo en máis de 46.000 euros por exercicio, evitándose a emisión a atmosfera de preto de 100.000 kg de CO2 ao ano, cifra equivalente a plantación de 4.800 árbores

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOSTA POLAS MEDIDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NO SECTOR DA EDIFICACIÓN PARA AUMENTAR A SÚA COMPETITIVIDADE E REDUCIR O CONSUMO

04/10/2012

- O director do Inega, Eliseo Diéguez, salienta no Congreso Galego de Xestores Enerxéticos dos Edificios que as actuacións promovidas pola Consellería neste eido permiten aforros económicos anuais de 10 millóns de euros.

- Cos programas de eficiencia enerxética evítase nestes momentos a emisión á atmósfera de 40.800 toneladas de CO2 cada ano.
- Xa se recibiron máis de 230 solicitudes para incorporarse ao rexistro de edificacións enerxeticamente eficientes.

MÁIS DE 40 CONCELLOS GALEGOS EMPREGAN XA A APLICACIÓN INFORMÁTICA DO INEGA PARA AFORRAR NO CONSUMO ENERXÉTICO

01/10/2012

- A ferramenta facilita o cálculo das tarifas eléctricas, comproba que os consumos de enerxía sexan coherentes, ou avisa aos concellos se pagan un recargo do 20% no prezo da factura por non estar no mercado libre.

- A aplicación compleméntase co servizo de asesoría enerxética individual para os concellos, que desde a súa posta en marcha leva resolto máis dun centenar de consultas.
 

|< << 1 2