INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2013 ou Agosto

Agosto

O PROGRAMA DA XUNTA PARA A PROMOCIÓN DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NA INDUSTRIA E NOS SERVIZOS PERMITIRÁ AFORROS ANUAIS DE 2 MILLÓNS.

24/08/2013

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- Esta liña de axudas, que Economía e Industria pon en marcha por primeira vez para empresas e autónomos nestas áreas de actividade, mobilizará 8,5 millóns de euros.

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, subliña a boa acollida do programa, que ten recibido máis de 220 solicitudes.

- Os apoios poden chegar ata os 200.000 euros, e alcanzan un 40% do investimento no caso das pequenas empresas.

- As actuacións diríxense ao eido da iluminación, a climatización ou os procesos produtivos para a mellora da competitividade empresarial.

- Evitarase así a emisión á atmosfera de máis de 9.000 toneladas de CO2 cada ano.

O PROXECTO DE ILUMINACIÓN EXTERIOR DA BAÑA, NEGREIRA, SANTA COMBA E VAL DO DUBRA PERMITIRÁ AFORROS ECONÓMICOS DE MÁIS DO 50%

22/08/2013

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, resalta a importancia desta liña de apoios, que beneficia a un cento de concellos galegos contribuíndo de modo importante ao seu aforro enerxético.

- As actuacións levadas a cabo nesta agrupación municipal permitirán reducir a factura eléctrica en máis de 45.000 euros por exercicio, o que suporá un aforro enerxético de preto de 270.000 KWh/ano.

- Evitarase a emisión á atmosfera arredor de 174.000 kg de CO2 ao ano, cifra equivalente á plantación de 8.700 árbores.