INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2015

2015

ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DUPLICA O ORZAMENTO DO INEGA CO OBXECTIVO DE POTENCIAR O SEU PAPEL COMO MOTOR DA SOSTIBILIDADE ENERXÉTICA DE GALICIA

06/11/2015

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, salienta que as actuacións do organismo no 2016 buscan seguir a “fomentar o aforro económico e enerxético, a mellora ambiental, e a formación e información”.

 - Subliña que os fondos dedicados a potenciar o aforro e a eficiencia enerxética e o emprego de fontes renovables duplícanse ata superar os 31 millóns.

- Destinaranse máis de 16 millóns, multiplicando por 7 o esforzo do presente exercicio, a impulsar o aforro e a eficiencia na industria e nas administracións.

- A biomasa suma 12,6 millóns no marco da Estratexia que está a desenvolver a Xunta para fixar industria e emprego no rural.

- Sinala que coas distintas actuacións previstas aspírase a acadar un aforro anual de enerxía de máis de 43.600 tep, unha redución dos custos de abastecemento enerxético de 17,5 millóns e a creación de preto de 1.000 empregos. 

O 75% DOS CONCELLOS GALEGOS APOSTAN POLA EFICIENCIA ENERXÉTICA GRAZAS AO PROGRAMA DE ILUMINACIÓN PÚBLICA DA XUNTA

24/07/2015

- O DOG publica hoxe a resolución desta liña da Consellería de Economía e Industria que, desde o 2009, suma máis de 235 concellos beneficiados que acadaron un aforro conxunto de máis de 7 millóns de euros.
 
- A convocatoria deste ano permitirá desenvolver 24 proxectos, individuais ou de agrupacións municipais, que verán diminuída a factura eléctrica das instalacións substituídas ata nun 70%.
 
- Estas actuacións xerarán un aforro económico conxunto próximo aos 400.000 euros e un aforro enerxético equivalente ao consumo anual de 700 familias.
 
- Evitarase a emisión á atmosfera de preto de 1.600 toneladas ao ano, o equivalente á plantación de 80.000 árbores.

O PLAN DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS VIVENDAS BENEFICIARÁ A PRETO DE 3.000 FOGARES GALEGOS ESTE ANO

13/03/2015

- O director xeral de Enerxía e Minas presenta unha estratexia encamiñada a diminuír o gasto en enerxía das familias galegas, que representa máis do 14% do consumo enerxético de Galicia.  
 
- Salienta que o plan comprende dúas areas de actuación, impulsando infraestruturas máis eficientes e promovendo o uso de fontes renovables.
 
- As diferentes liñas mobilizarán 13,5 millóns en 2015 e permitirán acadar un aforro económico anual de 3 millóns, evitando a emisión á atmosfera de 10.000 toneladas de CO2 anuais.
 
- No eido das instalacións máis eficientes, actívase hoxe unha nova convocatoria do Renove de Tella, Granito e Lousa, e facilitarase a renovación de fiestras con apoios de ata o 25%.
 
- Apóstase pola implantación de caldeiras máis eficientes nas comunidades de veciños, con axudas de ata o 40% do custo do proxecto, e promóvese a renovación de ascensores, con apoios de ata o 50%.
 
- No tocante ás renovables, especificamente no eido rural, foméntase a instalación de xeotermia, solar térmica e aerotermia, continuando a aposta pola biomasa, cuxa liña para a instalación de caldeiras suma este ano 12 millóns de euros. 

CONDE SUBLIÑA QUE A EFICIENCIA ENERXÉTICA PERMITIU AFORRAR EN 6 ANOS 80M€ NA INDUSTRIA GALEGA CONVERTÉNDOSE EN "PANCA FUNDAMENTAL" PARA DESENVOLVER A FÁBRICA INTELIXENTE

05/03/2015

- Resalta a importancia da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 de cara a “reinventar a industria galega na procura dunha Galicia máis competitiva, máis exportadora e máis eficiente”.

- Avoga por seguir impulsando a eficiencia enerxética como clave para manter a competitividade do tecido empresarial galego.

- Destaca a posta en marcha, este ano, dunha nova convocatoria do programa de aforro e eficiencia enerxética na industria, que espertou un “gran interese” nas empresas galegas con máis de 400 solicitudes.

- Na aposta polas fontes renovables, apunta a ampliación en 2,6 millóns da orde para a implantación de caldeiras de biomasa ata sumar 12 millóns en 2015.

- Avanza dous novas liñas para a xeotermia, e para a aerotermia e a solar térmica, que se encadran nun novidoso Plan de eficiencia na vivenda galega que destina este ano preto de 5 millóns á mellora das infraestruturas e ás fontes renovables.