INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2015 ou Marzo

Marzo

O PLAN DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS VIVENDAS BENEFICIARÁ A PRETO DE 3.000 FOGARES GALEGOS ESTE ANO

13/03/2015

- O director xeral de Enerxía e Minas presenta unha estratexia encamiñada a diminuír o gasto en enerxía das familias galegas, que representa máis do 14% do consumo enerxético de Galicia.  
 
- Salienta que o plan comprende dúas areas de actuación, impulsando infraestruturas máis eficientes e promovendo o uso de fontes renovables.
 
- As diferentes liñas mobilizarán 13,5 millóns en 2015 e permitirán acadar un aforro económico anual de 3 millóns, evitando a emisión á atmosfera de 10.000 toneladas de CO2 anuais.
 
- No eido das instalacións máis eficientes, actívase hoxe unha nova convocatoria do Renove de Tella, Granito e Lousa, e facilitarase a renovación de fiestras con apoios de ata o 25%.
 
- Apóstase pola implantación de caldeiras máis eficientes nas comunidades de veciños, con axudas de ata o 40% do custo do proxecto, e promóvese a renovación de ascensores, con apoios de ata o 50%.
 
- No tocante ás renovables, especificamente no eido rural, foméntase a instalación de xeotermia, solar térmica e aerotermia, continuando a aposta pola biomasa, cuxa liña para a instalación de caldeiras suma este ano 12 millóns de euros. 

CONDE SUBLIÑA QUE A EFICIENCIA ENERXÉTICA PERMITIU AFORRAR EN 6 ANOS 80M€ NA INDUSTRIA GALEGA CONVERTÉNDOSE EN "PANCA FUNDAMENTAL" PARA DESENVOLVER A FÁBRICA INTELIXENTE

05/03/2015

- Resalta a importancia da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 de cara a “reinventar a industria galega na procura dunha Galicia máis competitiva, máis exportadora e máis eficiente”.

- Avoga por seguir impulsando a eficiencia enerxética como clave para manter a competitividade do tecido empresarial galego.

- Destaca a posta en marcha, este ano, dunha nova convocatoria do programa de aforro e eficiencia enerxética na industria, que espertou un “gran interese” nas empresas galegas con máis de 400 solicitudes.

- Na aposta polas fontes renovables, apunta a ampliación en 2,6 millóns da orde para a implantación de caldeiras de biomasa ata sumar 12 millóns en 2015.

- Avanza dous novas liñas para a xeotermia, e para a aerotermia e a solar térmica, que se encadran nun novidoso Plan de eficiencia na vivenda galega que destina este ano preto de 5 millóns á mellora das infraestruturas e ás fontes renovables.