INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2016

2016

A XUNTA MOBILIZARÁ 31 MILLÓNS DE EUROS PARA IMPULSAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA NA INDUSTRIA A TRAVÉS DE 200 PROXECTOS

27/12/2016

- A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede 5,4 millóns de euros nesta convocatoria pública que favorece o uso de enerxías limpas na industria e o sector servizos e promove a elaboración de auditorías e a mobilidade con combustibles alternativos ao gasóleo e á gasolina.

- Estas axudas autonómicas permitirán a redución de consumo enerxético e de emisións de CO2 en 10.700 toneladas anuais, ao tempo que contribuirán a que o conxunto dos beneficiarios aforren 6 millóns de euros ao ano.

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, destacou que este programa contribúe ao impulso da competitividade e da Industria 4.0, diminuíndo os custos enerxéticos e adquirindo equipos máis eficientes.
 
- Trátase da segunda resolución deste ano, o que permite ao Inega en 2016 mobilizar máis de 60 millóns de euros en 429 iniciativas que xerarán 500 postos de traballo e reducirán as emisións de CO2 en máis de 21.000 toneladas cada ano, o que equivale a plantar máis dun millón de árbores.

OS CONCELLOS DE CANGAS E SOUTOMAIOR ACOLLEN AS ÚLTIMAS XORNADAS DA CAMPAÑA DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

21/12/2016

 - A iniciativa, impulsada pola Xunta a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, desenvolverase o próximo venres, 23 de decembro, no Concello de Cangas ás 16.00 horas e no Multiusos de Arcade de Soutomaior a partir das 18.30 horas.

- O público asistente recibirá durante estes encontros información sobre como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.

- Esta campaña, que chega así a 15 concellos da provincia pontevedresa, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios poden recibir recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores tamén poden realizar as súas consultas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.

OS MUNICIPIOS PONTEVEDRESES DE LALÍN E VILA DE CRUCES ACOLLERÁN O PRÓXIMO XOVES A CAMPAÑA DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA

20/12/2016

 - A iniciativa, impulsada pola Xunta a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, chegará o 22 de decembro ao Concello de Lalín ás 16.00 horas e ao Auditorio Municipal de Vila de Cruces a partir das 18.30 horas.

- Durante estes encontros, indicarase aos consumidores como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.

- Esta campaña, que chegará a 15 concellos da provincia pontevedresa, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios poden recibir recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores poden realizar consultas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.

A CAMPAÑA DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA REMATA NA PROVINCIA CORUÑESA CON XORNADAS NOS MUNICIPIOS DA CORUÑA, CAMBRE E BETANZOS

19/12/2016

- As xornadas, que se celebran no marco desta iniciativa impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, chegarán o próximo mércores, 21 de decembro, á Oficina Municipal de Información ao Consumidor da Coruña, ao centro sociocultural do Graxal de Cambre e ao Edificio Liceo de Betanzos.

- Durante estes encontros, informarase ao público asistente sobre como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.

- Esta iniciativa desenvólvese así en 22 concellos da provincia da Coruña e conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores teñen a posibilidade de consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.

A CAMPAÑA DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA CHEGARÁ O VENRES A VIGO PARA INFORMAR SOBRE AS CLAVES PARA AFORRAR NO RECIBO ELÉCTRICO

14/12/2016

- No marco da iniciativa impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo 16 de decembro desenvólvese esta xornada ás 12.00 horas na Delegación da Xunta na cidade viguesa.

- Nesta charla informarase aos consumidores sobre como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.

- Esta iniciativa, que chega a 15 concellos da provincia de Pontevedra, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores tamén poden realizar consultas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.

A CAMPAÑA DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA INFORMARÁ O VENRES EN SANTIAGO E AMES SOBRE AS CLAVES PARA AFORRAR NO RECIBO ELÉCTRICO

14/12/2016

- As xornadas, que se celebran no marco desta iniciativa impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, chegarán o próximo 16 de decembro á Casa das Asociacións de Cornes en Santiago ás 16.45 horas e ao Concello de Ames a partir das 18.45 horas.

- Durante estes encontros, informarase ao público asistente sobre como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.

- Esta iniciativa, que chega a 22 concellos da provincia da Coruña, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores teñen a posibilidade de consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.

OS MUNICIPIOS CORUÑESES DE RIBEIRA E PADRÓN ACOLLERÁN O PRÓXIMO XOVES A CAMPAÑA INFORMATIVA DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA

13/12/2016

 - O 15 de decembro, no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira e no auditorio de Padrón, celébranse novas xornadas no marco desta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

- O público asistente recibirá información sobre como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.

- Esta iniciativa, que chega a 22 concellos da provincia da Coruña, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores poden consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.

A CAMPAÑA INFORMATIVA DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA CHEGA O PRÓXIMO MÉRCORES AOS MUNICIPIOS DE LUGO, BECERREÁ E GUITIRIZ

12/12/2016

 - No marco desta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o 14 de decembro desenvolveranse encontros na Casa da Cultura de Becerreá ás 12.00 horas, no centro sociocultural de Fingoi de Lugo a partir das 16.00 horas, e na aula Cemit de Guitiriz desde as 18.45 horas.

- Os asistentes recibirán información sobre como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.

- Esta campaña, que chega a 16 concellos da provincia de Lugo, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores tamén poden consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.

A CAMPAÑA DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA INFORMARÁ O VENRES EN BAIONA E REDONDELA SOBRE AS CLAVES PARA AFORRAR NO RECIBO ELÉCTRICO

07/12/2016

- No marco da iniciativa impulsada pola Xunta a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, esta xornada terá lugar o 9 de decembro, a partir das 12.30 horas, no viveiro de empresas de Baiona, e a partir das 18.30 horas no auditorio do multiusos da Xunqueira de Redondela.
 
- Durante estes encontros, indicarase aos consumidores como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.
 
- A iniciativa, que chegará a 15 concellos da provincia de Pontevedra, dispón dunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores tamén teñen a posibilidade de realizar consultas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.
 

DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA CHEGARÁ O PRÓXIMO VENRES AOS MUNICIPIOS LUCENCES DE RIBADEO, FOZ E MONDOÑEDO

07/12/2016

 - No marco da campaña impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, o 9 de decembro desenvolveranse encontros na Casa do Mar de Ribadeo ás 12.00 horas, no salón de actos do Cenima de Foz desde as 16.00 horas, e na Casa da Xuventude de Mondoñedo a partir das 18.30 horas.

- Informarase aos consumidores sobre como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.

- A iniciativa, que chegará a 16 concellos lucenses, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores teñen a posibilidade de consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.
1 2 3 4 >> >|