INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2016

2016

DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA INFORMARÁ MAÑÁ NA FONSAGRADA E CASTRO DE REI SOBRE COMO AFORRAR NO RECIBO ELÉCTRICO

21/11/2016

- No marco da campaña impulsada por Economía, Emprego e Industria desenvolveranse xornadas informativas nas que se informará os consumidores sobre como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.
 
- A iniciativa, que chegará nas próximas semanas a 16 concellos lucenses, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores poden consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.

A NOVA EDICIÓN DE DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA ACHEGA AS CLAVES PARA QUE OS CONSUMIDORES POIDAN AFORRAR NO SEU RECIBO ELÉCTRICO

04/11/2016

 - A campaña impulsada por Economía, Emprego e Industria informará sobre como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.

- A iniciativa, que presentaron hoxe o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, chegará nas próximas semanas a máis de 70 concellos galegos.

- Ademais destas xornadas informativas, “Dálle luz á túa factura” conta tamén cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores poden consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.
 
- A subministración eléctrica é un ámbito prioritario para a Xunta pola súa relevancia no benestar e na economía dos consumidores.
 
- O Instituto Galego de Consumo atendeu nos primeiros nove meses do ano máis de 2.000 reclamacións relacionadas coas eléctricas, das cales preto do 60% foron xa resoltas de xeito favorable para os reclamantes.
 
- Na defensa dos consumidores máis vulnerables, a Xunta ten activado axudas como o tícket eléctrico social, que beneficiou xa preto de 5.000 familias, e un convenio coas comercializadoras que evitou xa o corte da luz por impago en preto de 800 fogares.

A XUNTA LEMBRA A IMPORTANCIA DA ADOPCIÓN DE MEDIDAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE CARA Á CHEGADA DO OUTONO

28/10/2016

- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.
 
- O cambio de hora da madrugada do sábado ao domingo representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico .
 
- O uso de iluminación eficiente, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos.

A EXPOSICIÓN "BIOMASA NA TÚA CASA" CHEGA A BOIRO CO OBXECTIVO DE CONCIENCIAR SOBRE AS VANTAXES DESTA ENERXÍA RENOVABLE

30/09/2016

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou esta mañá a mostra, organizada por Avebiom e IDAE, e que permanecerá neste municipio coruñés ata o próximo domingo.

- O emprego desta fonte enerxética favorece o desenvolvemento das áreas rurais, xera emprego e mellora a calidade de vida dos cidadáns.

- Esta exposición itinerante, que estará nas catro provincias galegas, continuará o seu percorrido no mes de outubro polas localidades de Carballo, na Coruña, e de Verín, en Ourense.

A XUNTA PUBLICA NO DOG O NOVO DECRETO QUE REGULARÁ A CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DOS EDIFICIOS EN GALICIA

29/09/2016

 - O regulamento inclúe a posta en marcha dunha aplicación informática que permitirá unificar a tramitación necesaria para o rexistro dos certificados e facilitará a consulta pública da etiqueta de eficiencia nos inmobles inscritos.

A XUNTA PON EN MARCHA O OBSERVATORIO DA BIOMASA PARA IMPULSAR O DESENVOLVEMENTO E MODERNIZACIÓN DO SECTOR EN GALICIA

21/09/2016

 - A páxina web, enmarcada dentro da Estratexia Galega de Impulso á Biomasa, convértese nun foro de encontro para identificar as vantaxes desta fonte de enerxía renovable e para que o sector poida desenvolver medidas eficaces que melloren a súa competitividade.

 
- Conta cun rexistro cos fabricantes, distribuidores e instaladores de caldeiras, e ofrece información actualizada sobre as liñas de axuda.
 
- Un simulador permite coñecer os investimentos necesarios para substituír as instalacións consumidoras de electricidade, gasóleo, fuelóleo, glp ou gas natural por biomasa, ademais de indicar os aforros económicos e enerxéticos que se poden lograr. 
 
- A biomasa é a enerxía de orixe autóctona máis empregada en Galicia, por diante doutros recursos naturais como o vento e a auga.

CONDE DESTACA QUE A COLABORACIÓN CON CEAGA PERMITE MODERNIZAR O SECTOR DA AUTOMOCIÓN E APOSTAR POLA INNOVACIÓN, A FORMACIÓN E A EFICIENCIA ENERXÉTICA

21/09/2016

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Vigo na comisión de seguimento do III Plan Estratéxico para a Mellora Competitiva do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.
 
- O Igape, Gain, a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral e o Inega traballarán co sector para o desenvolvemento do novo Plan e a consecución dos obxectivos marcados.
 
- No Plan de Ceaga xa se está avanzando a través da Business Factory Auto, o Concurso de Ideas 4.0 e as unidades mixtas de investigación.
 
- Subliña que, unha vez garantida a carga de traballo para a próxima década, esta planificación contribuirá a que a industria galega do automóbil se sitúe na vangarda do sector.

XUNTA, AVEBIOM E IDAE ÚNENSE NA PROMOCIÓN DO USO DA BIOMASA COMO SOLUCIÓN ENERXÉTICA EN VIVENDAS

16/09/2016

 A exposición itinerante "Biomasa na túa casa" percorrerá cinco municipios galegos entre o 9 de setembro e o 16 de outubro, para dar a coñecer á poboación as vantaxes da biomasa como fonte enerxética.

CONDE DESTACA EN MONFORTE QUE A EXPOSICIÓN "BIOMASA NA TÚA CASA" AXUDARÁ A CONCIENCIAR SOBRE AS VANTAXES DESTA ENERXÍA RENOVABLE

16/09/2016

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá a mostra, organizada por Avebiom e IDAE, e que permanecerá neste municipio lucense ata mañá domingo.
 
- Subliña que o emprego desta fonte enerxética impulsa o desenvolvemento das áreas rurais, xera emprego e mellora a calidade de vida dos cidadáns.
 
- Esta exposición itinerante estará nas catro provincias galegas, rematando o seu percorrido en Verín do 14 ao 16 de outubro.

CONDE ANIMA Á INDUSTRIA CÁRNICA E ÁS PANADERÍAS A USAR A BIOMASA PARA GAÑAR EN COMPETITIVIDADE E AXUDAR NA PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE

07/09/2016

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en Lugo nunha xornada para promover a utilización desta fonte enerxética renovable.
 
- A biomasa é a enerxía de orixe autóctona máis empregada en Galicia, por diante doutros recursos naturais como o vento e a auga.
|< << 1 2 3 4 >> >|