INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2016 ou Decembro

Decembro

A CAMPAÑA DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA INFORMARÁ O MÉRCORES EN MOS, PONTEAREAS E A CAÑIZA SOBRE AS CLAVES PARA AFORRAR NO RECIBO ELÉCTRICO

05/12/2016

 - No marco da iniciativa impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, o 7 de decembro desenvólvese esta xornada, a partir das 12.30 horas, no auditorio do multiusos de Mos, desde as 16.00 horas no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, e a partir das 18.30 horas no Concello da Cañiza.

- Durante este encontro, indicarase aos consumidores como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.

- A iniciativa, que chegará a 15 concellos da provincia de Pontevedra, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores poden realizar consultas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.

OS MUNICIPIOS PONTEVEDRESES DE VILAGARCÍA E VILANOVA DE AROUSA ACOLLERÁN O MÉRCORES A CAMPAÑA DÁLLE LUZ Á TÚA FACTURA

05/12/2016

 - No marco da iniciativa impulsada pola Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo 7 de decembro celebrarase esta xornada informativa no Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova de Arousa a partir das 16.00 horas, e no auditorio municipal de Vilagarcía desde as 18.30 horas.

- Durante este encontro, indicarase aos consumidores como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.

- Esta campaña chegará a 15 concellos da provincia pontevedresa e conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios poden recibir recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico.
 
- Os consumidores teñen a posibilidade de realizar consultas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.
|< << 1 2