INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2016 ou Xaneiro

Xaneiro

A XUNTA REFORZA A SÚA APOSTA POLA BIOMASA CON 12,5 MILLÓNS EN 2016 PARA IMPLANTAR MÁIS DE 1.000 NOVAS CALDEIRAS EN GALICIA

27/01/2016

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, salienta, nunha xornada sobre apoios para a instalación destes equipos, que a orde deste ano permitirá xerar un aforro anual de ata 4 millóns en comparación cos combustibles convencionais.

 
- Os proxectos, dirixidos ao ámbito rural, favorecen o incremento da demanda en familias, empresas e administración pública con apoios que cobren ata o 75% do seu custo.
 
- Como principal novidade, destinaranse 4 millóns á realización de proxectos singulares de district heating para a promoción destas redes de subministración de enerxía xerada con biomasa.
 
- Salienta que, no marco da Estratexia de Impulso da Biomasa Forestal, as actuacións mobilizarán “24 millóns potenciando unha nova industria ao servizo da recuperación económica” e aproveitando “todo o potencial dos nosos montes”.
 
- Desde a posta en marcha da Estratexia téñense instalado xa 2.000 caldeiras na Comunidade favorecendo o “despegue da biomasa como fonte de enerxía de presente e de futuro, ao tempo que se fortalece a industria madeireira”.

A XUNTA IMPULSA AFORROS DE ATA O 50% NO GASTO ENERXÉTICO DOS FOGARES GALEGOS GRAZAS AO NOVO PLAN DE VIVENDA EFICIENTE

26/01/2016

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O director xeral de Enerxía e Minas presenta unha nova edición dunha estratexia encamiñada a diminuír o gasto en enerxía das familias galegas, que ascende a 2.600 euros por exercicio. 

 
- Salienta que o plan comprende dúas areas de actuación –fontes renovables e infraestruturas máis eficientes-, que poden supoñer unha “mellora moi sensible” no etiquetado enerxético dunha vivenda. 
 
- Subliña que o obxectivo é “mellorar pautas de consumo e contribuír á diminución da factura enerxética” das 3.500 familias ás que se chegará. 
 
- As diferentes liñas xerarán investimentos por case 20 millóns permitindo acadar un aforro económico anual de 4 millóns, ademais de evitar a emisión á atmosfera de 15.500 toneladas de CO2.
 
- No eido das instalacións máis eficientes, os apoios para a mellora das envolventes térmicas con tella, granito ou lousa chegan ata o 40%; ao 50% no caso da substitución de ascensores; e ata o 25% nas fiestras. 
 
- No tocante ás renovables, especificamente no eido rural, foméntase a instalación de xeotermia, solar térmica e aerotermia, continuando a aposta pola biomasa, cuxa liña para a instalación de caldeiras nos fogares suma 3 millóns de euros. 

A XUNTA DESTINA 9,5 MILLÓNS Á EFICIENCIA ENERXÉTICA DA INDUSTRIA GALEGA ACHEGANDO OS PROCESOS PRODUTIVOS Á INDUSTRIA 4.0

12/01/2016

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???
- O director do Igape, Javier Aguilera, inaugurou hoxe unha xornada sobre eficiencia enerxética na que que puxo en valor este tipo de actuacións para diminuír custos e gañar competitividade no camiño cara a fábrica intelixente.
 
- Salienta a incorporación de aplicacións TIC e a sensorización industrial como  instrumentos fundamentais para que as empresas acaden maiores graos de eficiencia na súa xestión.
 
- O prazo de presentación de solicitudes comeza o vindeiro venres 15 e permanecerá aberto ata o 29 de febreiro, aspirándose a impulsar 300 proxectos que xerarán investimentos por máis de 32 millóns na industria galega.
 
- No acto tamén participou o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, quen salientou que estas iniciativas aspiran a acadar un aforro económico de 10 millóns por exercicio, xerar máis de 430 postos de traballo, e evitar a emisión á atmosfera de 19.000 toneladas de CO2 ao ano.