INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

O INEGA CONSIGUE AFORROS SUPERIORES AO 10% CO SEU SISTEMA DE XESTIÓN ENERXÉTICO INTERNO

13/05/2016

- O Instituto Enerxético de Galicia ten implantado desde o ano 2013 este sistema certificado de acordo aos requisitos da ISO 50001.

Santiago, 13 de maio de 2016.- O Instituto Enerxético de Galicia ten implementado dende o ano 2013 un sistema de xestión enerxética, certificado de acordo ao requisitos da ISO 50001. Este sistema supón a incorporación á organización dunha serie de procedementos e actividades destinados a optimizar os recursos consumidos, especialmente a enerxía, na maioría dos casos sinxelos e de baixo custe, que está a permitir acadar aforros superiores ao 10% respecto ás situacións de partida.  

 
A certificación implica incorporar a mellora continúa na xestión enerxética, realizando un esforzo continuo na diminución e optimización dos consumos, grazas fundamentalmente á involucración de todo o persoal. 
 
Entre as actividades realizadas durante estes anos destacan o desenvolvemento dun sistema de medición e control de consumos, a incorporación e o seguimento de equipos innovadores de aforro enerxético en vehículos, a modificación das temperaturas de consigna  ou a promoción de hábitos máis eficientes entre os seus traballadores. 
 
O Real Decreto 56/2016 sobre auditorías enerxéticas busca impulsar a eficiencia enerxética, obrigando a realizar auditorías ás grandes empresas cada catro anos, ou ben a implantar un sistema de xestión enerxética ou ambiental certificado, unha medida que afectará a unhas 2.800 empresas en toda España.