INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

Octubre

A XUNTA LEMBRA A IMPORTANCIA DA ADOPCIÓN DE MEDIDAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE CARA Á CHEGADA DO OUTONO

28/10/2016

- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.
 
- O cambio de hora da madrugada do sábado ao domingo representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico .
 
- O uso de iluminación eficiente, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos.