INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

CONDE DESTACA EN MONFORTE QUE A EXPOSICIÓN "BIOMASA NA TÚA CASA" AXUDARÁ A CONCIENCIAR SOBRE AS VANTAXES DESTA ENERXÍA RENOVABLE

16/09/2016

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá a mostra, organizada por Avebiom e IDAE, e que permanecerá neste municipio lucense ata mañá domingo.
 
- Subliña que o emprego desta fonte enerxética impulsa o desenvolvemento das áreas rurais, xera emprego e mellora a calidade de vida dos cidadáns.
 
- Esta exposición itinerante estará nas catro provincias galegas, rematando o seu percorrido en Verín do 14 ao 16 de outubro.
 
 DSC_0072
 
Monforte (Lugo), 10 de setembro de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que a exposición itinerante Biomasa na túa casa, que se poderá visitar ata mañá domingo, 11 de setembro, na explanada da Compañía, en Monforte de Lemos, contribuirá a concienciar á cidadanía sobre as vantaxes de empregar esta fonte de enerxía en fogares e empresas como alternativa real aos combustibles fósiles.
 
A mostra, organizada pola Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa (Avebiom) e o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) coa colaboración do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), percorrerá as catro provincias galegas. Así, tras a súa estadía na provincia de Lugo, desprazarase ás localidades da Estrada (Pontevedra), do 17 ao 25 deste mes; a Boiro, do día 30 ao 2 de outubro, e Carballo, do 5 ao 9 do próximo mes, na provincia coruñesa; e por último, en Verín (Ourense), do 14 ao 16 de outubro.
 
DSC_0066
 
Conde agradeceu o traballo realizado por Avebiom e IDAE para traer a Galicia esta mostra que axuda a consolidar as directrices fixadas na Estratexia Integral de Impulso á Biomasa para, a través desta enerxía limpa, impulsar o desenvolvemento das áreas rurais e do sector primario, favorecer a economía familiar e das pemes, xerar emprego cualificado e mellorar a calidade de vida da cidadanía.
 
DSC_0088 
O conselleiro indicou tamén que a biomasa ocupa a primeira posición en canto a fontes de orixe autóctona en Galicia, por diante do vento e da auga; unha enerxía que definiu como referente para incrementar a participación das renovables no mix enerxético e que teñan unha posición preponderante no mercado, contribuíndo así a eficiencia e o aforro enerxético en fogares, fábricas e na propia administración pública.
 
DSC_0099