INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas ou 2017 ou Abril

Abril

AS NOVAS AXUDAS PARA ENERXÍAS RENOVABLES PERMITIRÁN AFORRAR 160.000 EUROS AO ANO ÁS EMPRESAS DO SECTOR AGROALIMENTARIO

25/04/2017

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, informou sobre esta liña pioneira de apoios, que ascenden a 600.000 euros e que mobilizarán 2 millóns en proxectos de biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica e minieólica.

- A iniciativa está destinada a empresas, con especial atención ás pemes, e autónomos do sector da produción agrícola primaria.
 
- A convocatoria, que se abre hoxe, resolverase por concorrencia competitiva entre os solicitantes que tramiten a súa petición no prazo dun mes, e contribuirá a reducir as emisións de CO2 en preto de 700 toneladas anuais, o equivalente á acción de 35.000 árbores.
 

A XUNTA MANTÉN ABERTO ATA O VINDEIRO LUNS, 24 DE ABRIL, O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA PROXECTOS DE BIOMASA

21/04/2017

 - Permitirán un aforro de dous millóns de euros na subministración enerxética a familias, empresas e administracións.

- Os apoios enmárcanse dentro da Estratexia Integral de Impulso á Biomasa que busca fomentar a eficiencia enerxética e diminuír o consumo de enerxías convencionais, ao tempo que se impulsa a industria asociada e se mellora a xestión e o rendemento sustentable dos montes galegos.

A XUNTA SINALA QUE O EMPREGO DA BIOMASA EN SILLEDA SUPORÁ UN AFORRO ANUAL DE 10.000 EUROS AO CONCELLO

20/04/2017

- O director de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou a instalación situada na Casa da Música que, xunto coa realizada na casa consistorial, permitirán un aforro enerxético de 25.000 litros de gasóleo ao ano. 
 
- Sete empresas e autónomos, 4 concellos e 58 persoas beneficiáronse das convocatorias de axudas realizadas no ano 2016 na comarca do Deza.
 
- A Xunta ten aberto, ata o vindeiro luns, 24 de abril, o prazo para que empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións soliciten axudas para fomentar a instalación de caldeiras de biomasa ás que se destinan 4,6 millóns de euros.

CONDE SALIENTA O IMPULSO DA XUNTA Á BIOMASA COMO FONTE DE ENERXÍA "AUTÓCTONA E SOSTIBLE" QUE PROMOVE O EMPREGO DE CALIDADE

18/04/2017

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destaca que a Xunta apoiou en 2016 a instalación de 11 caldeiras na localidade porriñesa que permitirá ao Concello un aforro anual de 25.000 euros na súa factura eléctrica.

- Sinala que o DOG publica hoxe por valor de 4,5 millóns as axudas para a posta en marcha de redes de distric heating con apoios de ata un millón por proxecto.

- O prazo para presentar as solicitudes ábrese mañá e remata o 18 de maio.
 
- O Goberno galego está a activar este ano con 11,7 millóns diferentes liñas para impulsar o uso da biomasa en Galicia entre particulares, empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións.
 
- A Xunta ao remate de 2017 levará apoiado a través da Estratexia Integral de Impulso á Biomasa a instalación de 4.000 caldeiras o que evitará a emisión de 60.000 toneladas anuais de CO2.