INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2017 ou Xullo

Xullo

A XUNTA APOIA A INSTALACIÓN DE CALDEIRAS DE BIOMASA EN MÁIS DE 950 FOGARES GALEGOS QUE AFORRARÁN 800.000 EUROS AO ANO

17/07/2017

- A Xunta destina preto de 3 millóns de euros a estas axudas que mobilizarán arredor de 6,4 millóns no sector.

- Os apoios enmárcanse dentro da Estratexia Integral de Impulso á Biomasa que busca fomentar a eficiencia enerxética e diminuír o consumo de enerxías convencionais, ao tempo que se impulsa a industria asociada e se mellora a xestión e o rendemento sustentable dos montes galegos.

- As axudas tamén forman parte do Plan Vivenda 2017 ao que o Goberno galego adica 8,8 millóns de euros.

A XUNTA AFORRARÁ 2,28 MILLÓNS DE EUROS AO ANO COA CONTRATACIÓN CENTRALIZADA DE ELECTRICIDADE A TRAVÉS DA REDEXGA

16/07/2017

 - A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, adxudica a Gas Natural Comercializadora este contrato que beneficiará a 1.655 centros de consumo eléctrico da Administración e que terá unha vixencia de dous anos prorroglables por dous máis.

 
- Esta cantidade anual sumarase aos 16 millóns de euros que xa se levan aforrado ata o de agora.
 
- A medida forma parte da Estratexia de aforro e eficiencia enerxética no sector público autonómico 2015-2020.