INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2017 ou Outubro

Outubro

A XUNTA ANIMA AOS CIDADÁNS A ADOPTAR MEDIDAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE CARA Á CHEGADA DO HORARIO DO OUTONO

27/10/2017

 - A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.

- O cambio de hora da madrugada do sábado ao domingo representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico.

- O uso de iluminación eficiente, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos.