INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2018 ou Decembro

Decembro

A XUNTA MOBILIZARÁ MÁIS DE 24M€ NO IMPULSO Á EFICIENCIA ENERXÉTICA E AS RENOVABLES NOS FOGARES E NAS EMPRESAS

21/12/2018

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presenta as tres primeiras convocatorias do Inega para o 2019, que contarán cun orzamento de máis de 6,5 millóns de euros.
- Estas actuacións permitirán un aforro de máis de 50 millóns de euros e contribuirán á creación ou mantemento de máis de 210 empregos.
- Apoiarase con máis de un millón de euros a instalación de caldeiras de biomasa nos fogares en zonas non densamente poboadas.
- As empresas e autónomos do sector servizos e da industria contarán con 3,76 millóns de euros para a realización de auditorías e proxectos de aforro e eficiencia.
- Tamén se destinan 1,72 millóns de euros a impulsar o uso de renovables e a eficiencia enerxética no sector agrícola primario.
- Estas iniciativas, incluídas nas Directrices Enerxéticas de Galicia, complementaranse ao longo do ano con programas centrados en fomentar o autoconsumo; impulsar o uso da biomasa en empresas e Administración autonómica; e na implantación de renovables.
 

A XUNTA E A INDUSTRIA GALEGA DEMANDAN AO GOBERNO QUE APROBE DE FORMA INMEDIATA O ESTATUTO DA EMPRESA ELECTROINTENSIVA

19/12/2018

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co sector no que se acordou solicitar medidas para competir en igualdade co resto de empresas europeas e reducir así o prezo da electricidade.
- Proponse baixar as peaxes eléctricas vinculadas ao custo do transporte e tamén a aplicación efectiva dos mecanismos de compensación por CO2.
- Conde incide en que o Goberno central non ten na súa axenda a esta industria e pídelle que reaccione.