INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2018 ou Xaneiro

Xaneiro

OS PROGRAMAS DA XUNTA PARA IMPULSAR O USO DAS ENERXÍAS RENOVABLES E A EFICIENCIA PERMITIRÁN A FAMILIAS E EMPRESAS AFORRAR MÁIS DE 5M€ AO ANO

26/01/2018

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces presentou hoxe as novas ordes de axudas que se publicarán no Diario Oficial de Galicia o vindeiro 30 de xaneiro.

- Unha das principais novidades é que este ano simplifícanse os trámites administrativos aos interesados ao reagrupar as nove axudas existentes en materia de renovables e eficiencia en tres. 

- O Goberno galego prevé mobilizar 36 millóns de euros a través das novas convocatorias para a realización de proxectos de renovables por parte de particulares, do tecido empresarial e da administración, así como as axudas dirixidas á industria, sector servizos e agrícola primario.
 
- Os apoios permitirán a creación de preto de 450 postos de traballo e mellorar a competitividade das empresas ao reducir os seus custos enerxéticos, contribuíndo deste xeito ao fomento da economía verde.