INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2018 ou Xullo

Xullo

A XUNTA DESTACA A ACTUACIÓN SINGULAR DO ALUMEADO NAS TERMAS DA CHAVASQUEIRA QUE SE REALIZARÁ A TRAVÉS DO PROXECTO DO ECOBARRIO

27/07/2018

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe en Ourense na presentación da renovación da iluminación pública exterior da Ponte.

 
- A reforma integral inclúe, ademais da actuación da Chavasqueira, un cambio á tecnoloxía LED, coa substitución de máis de 3.000 lámpadas, a implementación dun sistema de alumeado híbrido e un incremento na seguridade viaria co reforzo da iluminación nos pasos peonís.
 
- Tahoces indicou que esta iniciativa suporá un aforro enerxético anual de 1.200 kWh, o equivalente ao consumo de 350 familias, e evitarase a emisión á atmosfera de 429 toneladas de CO2 ao ano. 

A XUNTA IMPULSA EN SILLEDA UNHA NOVA REDE DE DISTRIBUCIÓN DE CALOR CON BIOMASA QUE PERMITIRÁ AFORRAR 90.000 EUROS AO ANO EN ENERXÍA

24/07/2018

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, asistiron ao comezo das obras para poñer en marcha esta instalación, que supón un investimento de 817.000 euros dos que o Inega achega o 80%.

- A infraestrutura subministrará auga quente sanitaria e calor a catro edificios públicos, un futuro centro de día e residencia, así como a un hotel.
- A iniciativa forma parte da Estratexia Integral de Impulso á Biomasa, coa que a Administración autonómica promove o uso desta fonte autóctona.

A XUNTA APOSTA POLAS ENERXÍAS RENOVABLES E A EFICIENCIA ENERXÉTICA CO APOIO A 434 PROXECTOS EN EMPRESAS E ADMINISTRACIÓNS

04/07/2018

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, informou hoxe da resolución destas axudas que van mobilizar 30 millóns de euros e contribuír á creación ou mantemento de máis de 250 postos de traballo.

- A través desta iniciativa destinada a empresas e administracións públicas instalaranse equipos de aerotermia, xeotermia e biomasa, ao tempo que se promove a realización de auditorías e proxectos de aforro.

- As axudas enmárcanse nas Directrices Enerxéticas de Galicia, que buscan mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a competitividade do tecido empresarial, mobilizando 3.000 millóns de euros ata 2020 e creando 12.000 empregos.