INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2018 ou Marzo

Marzo

O CAMBIO DE HORA DESTA FIN DE SEMANA SUPÓN UN AFORRO ENERXÉTICO PRÓXIMO AO 0,4% NO CONSUMO ELÉCTRICO EN GALICIA

23/03/2018

 - A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.

- O uso de iluminación de baixo consumo, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos.

ABRE AS PORTAS Á II EDICIÓN DA FEIRA DA ENERXÍA NO RECINTO FEIRAL DE SILLEDA QUE ESTE ANO CONTA CO DOBRE DE EMPRESAS ESTRANXEIRAS

22/03/2018

- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde visitaron a Feira da Enerxía de Galicia, que acollerá 255 firmas procedentes de 15 países.

- Alfonso Rueda indicou que a II Feira da Enerxía de Galicia pretende ser un foro no que converxen empresas, institucións, profesionais e usuarios do sector enerxético.
 
- Francisco Conde, destacou que a II Feira da Enerxía vai ser un escaparate das últimas novidades en especial, das enerxías renovables, un dos ámbitos polo que a Xunta máis está apostando.

O ECOBARRIO DE OURENSE CONVERTE GALICIA E A CIDADE NUN EXEMPLO DE TRANSFORMACIÓN URBANA SUSTENTABLE E MODELO DA CIDADE EUROPEA DO FUTURO

19/03/2018

- O ecobarrio de Ourense converte Galicia e a cidade nun exemplo de transformación urbana sustentable e modelo da cidade europea do futuro.

 - O titular da Xunta acompañado polo comisario de Acción polo Clima e Enerxía da Comisión Europea presidiu a presentación do proxecto do ecobarrio da cidade.
 
- Feijóo asevera que con este proxecto Ourense se transforma nunha cidade pioneira na loita contra o cambio climático, na redución de consumo enerxético e no aproveitamento dos recursos naturais enerxéticos.
 
- Un dos principais obxectivos será establecer na zona a primeira rede de xeotermia de Europa, aproveitando esta fonte de enerxía para abastecer de calefacción e auga quente a medio centenar de edificios do contorno.
 
- “Estamos a falar dun proxecto que ten como fin demostrar que existe outra forma de facer urbanismo e outra forma de facer cidade: máis respectuosa co ambiente e con maior calidade de vida para os veciños”, incide o titular da Xunta.
 
- Crearase a Oficina do ecobarrio, para informar á comunidade de veciños e ás asociacións sobre as axudas e actuacións en materia de eficiencia enerxética.
 
- O presidente autonómico asegura que as enerxías renovables e o aproveitamento dos recursos naturais seguirán a desempeñar un papel fundamental, como proba a posta en marcha das Directrices Enerxéticas de Galicia.
 
- Galicia agradece o apoio prestado desde a Comisión Europea a través do comisario Miguel Arias Cañete para que este ecobarrio poida ser unha realidade cara a 2020.

O GOBERNO GALEGO DÁ UN UN PASO MÁIS NA APOSTA POLA EFICIENCIA E O IMPULSO DAS RENOVABLES COAS DIRECTRICES ENERXÉTICAS DE GALICIA QUE MOBILIZARÁN MÁIS DE 3000 MILLÓNS

08/03/2018

- Prevese que Galicia poida aforrar 150 millóns ao ano ata 2020 con iniciativas como o desenvolvemento dos ecobarrios, os plans de aforro na Administración autonómica ou as liñas de axudas ao aforro para reducir o consumo enerxético en fogares e empresas.
 
- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación das Directrices Enerxéticas de Galicia 2020.
 
- Feijóo lembra que o obxectivo de consumo de enerxía final de orixe renovable para 2020 é do 20% en Europa e que en Galicia é hoxe do 38%.

A XUNTA PRESENTARÁ NOS VINDEIROS DÍAS AS DIRECTRICES ENERXÉTICAS DE GALICIA PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DOS CIDADÁNS E OBTER UN CRECEMENTO ECONÓMICO SUSTENTABLE

05/03/2018

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Lugo na xornada para conmemorar o Día da Eficiencia Enerxética.

- O Goberno galego fíxase a meta de rebaixar o consumo enerxético nun 4% ata 2020 con aforros económicos de 150 millóns de euros anuais.

- Sinala que a Xunta seguirá apostando por fomentar a cultura do aforro enerxético entre cidadáns, empresas e administracións á vez que impulsa as enerxías renovables.
 
- Asegura que Lugo liderará o desenvolvemento do sector eólico na Comunidade ao ser a provincia na que se implantarán 15 dos 21 parques declarados de especial interese.