INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2018 ou Novembro

Novembro

A XUNTA DEFENDE A IMPORTANCIA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA PARA A COMPETITIVIDADE DAS EMPRESAS

16/11/2018

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Vigo no X Aniversario de EnergyLab.

- Sinalou que o impulso da eficiencia conta en Galicia cun marco de acordo estable como as Directrices Enerxéticas de Galicia.

- Pon en valor o traballo de EnergyLab e a súa alianza coa industria a través de iniciativas como as Unidades Mixtas de Investigación que apoia a Xunta para avanzar na obtención de gas renovable nas EDAR e aplicalo ao transporte urbano.

A XUNTA LEVA Á CORUÑA A CAMPAÑA INFORMATIVA COA QUE SE FACILITA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS AUTONÓMICAS DO BONO SOCIAL ELÉCTRICO

16/11/2018

 - A xerente do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Zeltia Lado, participou hoxe nunha das xornadas desenvoltas nas sete principais cidades para formar aos técnicos que traballan de xeito directo cos consumidores máis vulnerables.

 - Tamén se están a distribuír 50.000 folletos para achegar as claves destes apoios á cidadanía, ademais de poñer á súa disposición o teléfono gratuíto 900 231 123.
 
- As axudas autonómicas complementarias ao bono social permiten aos consumidores vulnerables severos asumir o pagamento do 100% da factura e garanten así mesmo que non van sufrir ningún corte no servizo.

A XUNTA INFORMA MAÑÁ EN SANTIAGO A TÉCNICOS DOS SERVIZOS SOCIAIS E DE OENEGUÉS SOBRE A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS AUTONÓMICAS DO BONO SOCIAL ELÉCTRICO

08/11/2018

 - O local de Cáritas Diocesana acollerá a partir das 11 horas deste venres unha das xornadas previstas nas sete principais cidades para formar aos técnicos que traballan de xeito directo cos consumidores máis vulnerables.

- Tamén se están a distribuír 50.000 folletos para achegar as claves destes apoios á cidadanía, ademais de poñer á súa disposición o teléfono gratuíto 900 231 123.
 
- Máis de 500 fogares benefícianse xa das axudas autonómicas complementarias ao bono social, que permiten aos consumidores vulnerables severos asumir o pagamento do 100% da factura e garanten así mesmo que non van sufrir ningún corte no servizo.

A XUNTA LEVA A PONTEVEDRA A CAMPAÑA INFORMATIVA COA QUE SE FACILITA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS AUTONÓMICAS DO BONO SOCIAL ELÉCTRICO

06/11/2018

 - A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe nunha das xornadas previstas nas sete principais cidades para formar aos técnicos que traballan de xeito directo cos consumidores máis vulnerables.

- Tamén se están a distribuír 50.000 folletos para achegar as claves destes apoios á cidadanía, ademais de poñer á súa disposición o teléfono gratuíto 900 231 123.
 
- Máis de 500 fogares benefícianse xa das axudas autonómicas complementarias ao bono social, que permiten aos consumidores vulnerables severos asumir o pagamento do 100% da factura e garanten así mesmo que non van sufrir ningún corte no servizo.

OS ORZAMENTOS DO INEGA MEDRAN UN 27% PARA CONTRIBUÍR A AVANZAR CARA UN MODELO ENERXÉTICO MÁIS SUSTENTABLE

05/11/2018

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, sinala que os presupostos do Instituto Enerxético de Galicia, que alcanzan preto de 23 millóns, contribuirán á competitividade das empresas e a mellora do benestar dos fogares.

- Destaca que se destinarán 4 millóns ao fomento do autoconsumo, con liñas de axudas dirixidas tanto ao ámbito doméstico como empresarial, as administracións e as entidades sociais.

- Subliña que o proxecto do EcoBarrio da Ponte, en Ourense, que conta con preto de 2,5 millóns de euros nos orzamentos deste departamentos, está chamado a converterse nun exemplo de transformación urbana sustentable.
 
- Promóvese a implantación de dúas estacións de recarga de GNL para consolidar este combustible no transporte terrestre de mercadorías.