INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2019 ou Xullo

Xullo

O COMPLEXO ADMINISTRATIVO DE SAN CAETANO ESTREA A NOVA ILUMIUNACIÓN DA FACHADA DO EDIFICIO CENTRAL COA PROXECCIÓN DO ESCUDO DA COMUNIDADE CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DE GALICIA

25/07/2019

- A nova instalación supón un aforro enerxético que ascende aos 46.700 kWh/ano, equivalente ao consumo anual de 16 vivendas; un aforro económico asociado de 5.900 euros anuais; e a redución de 10,57 kW da potencia instalada.

PARTICULARES, EMPRESAS E AUTÓNOMOS PODERÁN INSCRIBIRSE DESDE MAÑÁ NO PROGRAMA DE AXUDAS DA XUNTA PARA A RENOVACIÓN DE VEHÍCULOS

23/07/2019

- Preto dun cento de concesionarios xa participan nesta iniciativa, pensada para incorporar modelos máis eficaces e comprometidos co medio ambiente.
- As axudas van dos 1.000 aos 1.500 euros, dependendo do volume de emisións do propio vehículo, e concederanse por orde de chegada da solicitude.

UN CENTENAR DE CONCESIONARIOS SÚMANSE AO PLAN DA XUNTA PARA IMPULSAR A ACTUALIZACIÓN DO PARQUE MÓBIL E A MELLORA AMBIENTAL

16/07/2019

- A través destas entidades colaboradoras os particulares, empresas e autónomos poderán solicitar as axudas desde o 24 de xullo a partir das 9 da mañá.
- Este plan busca a renovación de vehículos con máis de 10 anos de antigüidade e coa ITV en vigor, ademais de cunha titularidade de  polo menos un ano de vixencia.
- As axudas van dos 1.000 aos 1.500 euros, dependendo do volume de emisión.
 

A XUNTA ACORDA COS CONCESIONARIOS GALEGOS ADIANTAR AO 24 DE XULLO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS PARA A COMPRA DE VEHÍCULOS

10/07/2019

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza cos representantes dos concesionarios galegos e dos puntos puntos de venda de vehiculos para abordar o novo programa de apoios que foi consensuado co sector.
- Os particulares, autónomos e empresas recibirán axudas que oscilarán entre os 1.000 e os 1.500 euros.
- Permanece aínda aberto o prazo para que se inscriban nesta iniciativa concesionarios e puntos de venda que ata o de agora suman un total de 64.
- Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 15 de outubro.

FEIJÓO ANUNCIA AXUDAS DE MÁIS DE 1 MILLÓN DE EUROS PARA RENOVAR 2.000 VEHÍCULOS CON 10 ANOS DE ANTIGÜIDADE POR MODELOS MÁIS EFICIENTES, MENOS CONTAMINANTES E MÁIS RESPETUOSOS

08/07/2019

- O presidente da Xunta de Galicia percorreu esta mañá a senda que conecta Montrove con As Pedreiras e O Carballo e que é un exemplo máis da aposta pola mobilidade limpa, segura e sostible.
- Resalta que os galegos contan xa con máis de 100 quilómetros de sendas construídos e confirma que antes de que remate 2020 acadaranse os 170 novos quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe.
- Afirma que nas vindeiras semanas concluirase coa complexa instalación dunha gran pasarela para mellorar o tránsito e a seguridade dos traballadores no polígono da Grela.
- Confirma que no vindeiro mes de agosto comezarase a execución do novo treito da Vía Ártabra para ofrecerlles aos veciños da comarca unha alternativa para acceder á cidade da Coruña moito máis rápida e segura que a colapsada N-VI.
- No eido da seguridade, recorda o esforzo que se está a facer mellorando o estado de conservación das estradas ou eliminando todos os treitos de concentración de accidentes das vías da Xunta antes de que remate 2020.