INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2019 ou Marzo

Marzo

A XUNTA LICITA POR PRETO DE 94.000 EUROS A ILUMINACIÓN DAS TERMAS DA CHAVASQUEIRA

07/03/2019

- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), publica hoxe os pregos para contratar esta actuación, a primeira que se activa no proxecto do EcoBarrio.
- Ademais de substituír as luminarias existentes por outras con tecnoloxía LED e xeración fotovoltaica, instalarase alumeado arquitectónico para a iluminación singular das termas.
- O ámbito de actuación sitúase no espazo de xardíns próximo a estas termas, así como na zona de paseo fluvial ata o Ribeiriño.

CONDE DESTACA O COMPROMISO DA XUNTA COA EFICIENCIA ENERXÉTICA A TRAVÉS DE CATRO LIÑAS DE AXUDAS QUE ESTE ANO SUMAN 16M€

04/03/2019

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Pontevedra na xornada ‘A transición cara a un modelo enerxético máis sustentable’ coa que se conmemora o Día Mundial da Eficiencia Enerxética que se celebra mañá.  
- Subliña que estas ordes de axuda contribuirán á implantación de renovables no sector industrial, as administracións públicas e os fogares galegos, poñendo así en valor a aposta de Galicia por unha transición enerxética planificada, dialogada e responsable.
- A través das Directrices Enerxéticas 2018-2020 a previsión é crear 12.000 empregos e xerar 3.000M€ de investimento público-privado.
- A Comunidade galega adiantouse á UE cumprindo no 2018 o obxectivo de consumo de renovables fixado para 2030 nun 32%.