INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2020 ou Febreiro

Febreiro

AS AXUDAS DA XUNTA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NA INDUSTRIA E SERVIZOS PERMITIRÁN UN AFORRO ANUAL DE 2,5M€ NA FACTURA

03/02/2020

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de apoios para este ano no que se invisten 3,5M€.
- A iniciativa prevé impulsar 100 proxectos, mobilizar 9M€, reducir as emisións de CO2 anuais en 8600 toneladas e xerar ao redor de 120 postos de traballo.
- Nos últimos sete anos apoiáronse máis de 1.200 iniciativas con aforros eléctricos equivalentes ao consumo anual de 94.000 fogares.
- Hoxe tamén se abre o prazo para que as entidades colaboradores se poidan adherir ao Plan de Mobilidade Eficiente, que inclúe axudas para particulares, autónomos e empresas que van dos 2000 aos 2500 euros, dependendo do tipo e do volume de emisión do vehículo que se adquira.

A XUNTA PARTICIPA EN PORTO NA CLAUSURA DO PROXECTO EUROPEO AQUALITRANS CUMPRINDO OS OBXECTIVOS PARA ACADAR SISTEMAS MÁIS EFICIENTES E SOSTIBLES NO FUNCIONAMIENTO DAS DEPURADORAS

01/02/2020

 - Ao acto de peche celebrado esta semana asistiron a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o director de Enerxía e Planificación Enerxética do Inega, Emérito Freire.
- O investimento destinado a este proxecto de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal sitúase en case 1 millón de euros.
- Este proxecto prima a busca dun uso máis eficiente dos recursos naturais nun proceso imprescindible para a poboación como é o tratamento das augas residuais.
- En Galicia hai 160 depuradoras que dan servizo a poboacións de máis de 2.000 habitantes equivalentes.
- O traballo desenvolvido ten permitido pór en práctica proxectos concretos de optimización enerxética nas depuradoras de augas residuais de A Pobra do Caramiñal, Cedeira, Ares, Nigrán e Gondomar.
- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade enmarca estas experiencias piloto no plan de acción da Xunta e de Augas de Galicia de apoio aos Concellos nas súas competencias na explotación e o mantemento axeitado desta instalacións.