INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas ou Novas ou 2020 ou Xullo

Xullo

A XUNTA RECIBE MÁIS DE 1.700 SOLICITUDES NUN DÍA PARA ACCEDER AOS APOIOS Á RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS

02/07/2020

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro hoxe con representantes da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos.

- Apóiase a renovación de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras por outras de clase A+++.

- As axudas permiten fomentar a cultura do aforro enerxético para avanzar cara a unha economía máis verde, á vez que se apoia a 9000 familias e se reactiva o tecido empresarial e comercial.

- Enmarcado no Plan de reactivación económica, inclúe unha segunda liña de axudas para impulsar a domótica enerxética, a través da monitorización eléctrica e térmica das vivendas.