INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía, Empresa e Innovación
inicio ou Novas ou Novas ou 2020 ou Novembro

Novembro

O INEGA CONTARÁ EN 2021 CUN 33% MÁIS DE ORZAMENTO E MULTIPLICARÁ POR CINCO A PARTIDA PARA IMPULSAR AS RENOVABLES E A EFICIENCIA ENERXÉTICA NA INDUSTRIA

24/11/2020

- O vicepresidente económico, Francisco Conde, avogou no X Aniversario do Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) por asentar a recuperación económica nun modelo industrial sustentable e tecnolóxico.

- Sinala que os fondos europeos de recuperación van supoñer un gran estímulo neste ámbito, apuntando que dos 108 proxectos da candidatura galega, 33 están centrados nas renovables, a mobilidade sustentable e a economía circular.

CONDE SUBLIÑA QUE O PROXECTO DE BIOMASA AP DEMOSTRA QUE AS REXIÓNS QUE QUEIRAN SER COMPETITIVAS E GARANTIR O SEU FUTURO DEBEN COLOCAR A TRAVÉS DA INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN

24/11/2020

- O vicepresidente económico, Francisco Conde, interveu no webinario de presentación de resultados deste proxecto transfronterizo no que participaron nove socios de Galicia e do Norte de Portugal e que contou cun investimento de 2,5M€.

- A iniciativa permitiu mellorar as capacidades dos centros de I+D das dúas rexións para optimizar a explotación e uso da biomasa procedente dos restos da poda forestal de matogueiras, vide e kiwi.

- Galicia puxo en marcha en 2014 a Estratexia da biomasa forestal con fins térmicos que favoreceu a instalación de 7000 caldeiras e a actuación en 72 edificios públicos.

- A Xunta está comprometida co impulso da industria forestal e co fomento do uso da madeira, tanto na construción como a través de novas utilidades e produtos.

A XUNTA DISTRIBÚE 6,3M€ ENTRE OS MÁIS DE 87.000 BENEFICIARIOS DO BONO SOCIAL TÉRMICO

09/11/2020

- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o enlace ás listaxes das persoas que teñen concedida esta axuda coa que se compensan os gastos dos consumidores máis vulnerables polo uso da calefacción e auga quente ou cociña.

- A Vicepresidencia económica, a través do Inega, xa enviou cartas informativas aos beneficiarios para que, se é o caso, completen os datos necesarios ou renuncien ás axudas se o desexan.

MÁIS DE 1.700 FAMILIAS GALEGAS AFORRARÁN 900.000 EUROS ANUAIS NA SÚA FACTURA ENERXÉTICA GRAZAS ÁS AXUDAS PARA A INSTALACIÓN DE PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

02/11/2020

- A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación activou este ano tres ordes de apoios para impulsar as renovables térmicas, a enerxía fotovoltaica e a biomasa nos fogares galegos.

- Agárdase mobilizar 12,5 M€ na instalación destes proxectos, o que permitirá contribuír á reactivación económica do sector e o mantemento e creación de empregos.