INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía, Empresa e Innovación
inicio ou Novas ou Novas ou 2021

2021

A XUNTA AXUDARÁ A 1000 PEMES E AUTONÓMOS DO COMERCIO, HOSTALERÍA E ACTIVIDADES ARTÍSTICAS, RECREATIVAS E DE ENTRETEMENTO A MELLORAR AS SÚAS INSTALACIÓNS ENERXÉTICAS

08/04/2021

- No marco do Plan de axudas ao sector comercial galego, o Goberno autonómico aproba o novo Bono Enerxía Peme e Comercio, que conta cun orzamento de 3M€ para os sectores máis afectados polas restricións derivadas da pandemia.
- As axudas, cunha intensidade do 80%, serán de ata 6000 euros por centro de traballo e o prazo de solicitude comeza o 14 de abril.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 5M€, así como unha redución do consumo de 3000 MWh/ano e de 300.000 euros na factura enerxética, ademais da creación ou mantemento de ao redor de 70 empregos.
- O programa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación permitirá a mellora de envolventes, da iluminación e das instalacións eléctricas, a renovación de equipos, a climatización e a presenza de sistemas domóticos e inmóticos para optimizar a xestión enerxética de pemes e autónomos.
- Esta nova medida para a reactivación económica súmase a iniciativas para incentivar o consumo, como o Bono Activa Comercio, con descontos de 30 euros para os clientes, e o programa Renove Electrodomésticos.

CONDE DESTACA QUE AS OBRAS LEVADAS A CABO POLA UDC E A XUNTA EXEMPLIFICAN A IMPORTANCIA DE TOMAR A INICIATIVA PARA AFIANZAR A CULTURA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA

05/04/2021

- Son un total de seis actuacións nos campus da Coruña e Ferrol que contan cun investimento de 2,75M€ e que permitirán aforros enerxéticos equivalentes ao consumo anual de 10.000 fogares.
- Os traballos consisten na substitución dos puntos de iluminación por tecnoloxía LED, a instalación de bombas de calor ou mellora dos sistemas de calefacción e de envolventes térmicas nos edificios, a instalación de sistemas fotovoltaicos ou de telexestión.
- Enmárcanse na orde de axudas activada polo Goberno galego para impulsar o uso de enerxías renovables nas universidades galegas.

MAÑÁ ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DO PROGRAMA RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS DA XUNTA PARA AS ENTIDADES COLABORADORAS

29/03/2021

- A convocatoria, enmarcada no Plan de axudas ao comercio galego, conta cun orzamento de 3M€ e prevé chegar a 20.000 fogares.
- Con esta iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, facilitarase a renovación de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 10,5 millóns de euros, así como unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 60.000 árbores, aforros de 560.000 euros anuais na factura enerxética e a creación ou mantemento de ao redor de 150 empregos.
- Prestarase especial atención ás familias vulnerables, que na convocatoria anterior xa recibiron o 40% do importe das axudas.

A XUNTA DESTINA 3M€ PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS EN 20.000 FOGARES GALEGOS

26/03/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentou a convocatoria, enmarcada no Plan de axudas ao comercio galego, que o vindeiro martes abrirá o prazo de adhesión de establecementos.
- Con esta iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, facilitarase nos fogares galegos a renovación de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 10,5 millóns de euros, así como unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 60.000 árbores, aforros de 560.000 euros anuais na factura enerxética e a creación ou mantemento de ao redor de 150 empregos.
- Prestarase especial atención ás familias vulnerables, que na convocatoria anterior xa recibiron o 40% do importe das axudas.
- O programa forma parte do Plan de axudas ao comercio galego que a Administración autonómica vén de activar.

O CAMBIO DE HORA DESTA FIN DE SEMANA SUPÓN UN AFORRO ENERXÉTICO PRÓXIMO AO 0,4% NO CONSUMO ELÉCTRICO EN GALICIA

26/03/2021

- A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.
- O uso de iluminación de baixo consumo, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos.

A XUNTA RATIFICA O SEU COMPROMISO CUNHA GALICIA VERDE NO DÍA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA

05/03/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá a instalación fotovoltaica do complexo administrativo de San Lázaro.
- As actuacións levadas a cabo no recinto permiten reducir un 15% o consumo eléctrico ao ano, así como o aforro de 50.000 euros na factura enerxética.
- Destaca a boa resposta dos particulares ás liñas de axudas abertas esta semana en materia de renovables térmicas e fotovoltaica e lembra que segue aberto o prazo para os apoios dirixidos aos sectores industrial e de servizos.
- En apenas horas, cubriuse o crédito de 5,1M€ para autoconsumo e renovables nos fogares.

A XUNTA APOIARÁ ESTE ANO 1.600 PROXECTOS DA ENERXÍAS RENOVABLES NOS FOGARES GALEGOS CO OBXECTIVO DE CONSEGUIR AFORROS ECONÓMICOS DE 900.000 EUROS ANUAIS

25/01/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentou está mañá, na sede do Inega en Santiago, as convocatorias de enerxías renovables e fotovoltaica dirixidas a particulares e comunidades de veciños cuxo prazo de solicitude se abrirá en marzo.

- Os apoios mobilizarán 13,5 M€, crearán 140 postos de traballo e permitirán reducir as emisións o equivalente á acción de 250.000 árbores.

- O Goberno galego xa abriu o prazo de solicitude das axudas de enerxías renovables e eficiencia enerxética dirixidas a empresas e autónomos dos sectores agrícola primario, industria e servizos.