08/04/2021
- No marco do Plan de axudas ao sector comercial galego, o Goberno autonómico aproba o novo Bono Enerxía Peme e Comercio, que conta cun orzamento de 3M€ para os sectores máis afectados polas restricións derivadas da pandemia.
- As axudas, cunha intensidade do 80%, serán de ata 6000 euros por centro de traballo e o prazo de solicitude comeza o 14 de abril.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 5M€, así como unha redución do consumo de 3000 MWh/ano e de 300.000 euros na factura enerxética, ademais da creación ou mantemento de ao redor de 70 empregos.
- O programa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación permitirá a mellora de envolventes, da iluminación e das instalacións eléctricas, a renovación de equipos, a climatización e a presenza de sistemas domóticos e inmóticos para optimizar a xestión enerxética de pemes e autónomos.
- Esta nova medida para a reactivación económica súmase a iniciativas para incentivar o consumo, como o Bono Activa Comercio, con descontos de 30 euros para os clientes, e o programa Renove Electrodomésticos.
05/04/2021
- Son un total de seis actuacións nos campus da Coruña e Ferrol que contan cun investimento de 2,75M€ e que permitirán aforros enerxéticos equivalentes ao consumo anual de 10.000 fogares.
- Os traballos consisten na substitución dos puntos de iluminación por tecnoloxía LED, a instalación de bombas de calor ou mellora dos sistemas de calefacción e de envolventes térmicas nos edificios, a instalación de sistemas fotovoltaicos ou de telexestión.
- Enmárcanse na orde de axudas activada polo Goberno galego para impulsar o uso de enerxías renovables nas universidades galegas.