INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía, Empresa e Innovación
inicio ou Novas ou Novas ou 2021 ou Xuño

Xuño

A XUNTA ENSALZA O COMPROMISO DE SOTAVENTO NO DESENVOLVEMENTO DAS ENERXÍAS RENOVABLES EN GALICIA A TRAVÉS DA I+D+i E A PEDAGOXÍA

21/06/2021

- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe ao 20 aniversario do parque.
- Conde salientou o “frutífero labor” realizado nas instalacións de Xermade, consolidándose como un espazo de experimentación e escaparate dos avances tecnolóxicos que se foron dando no sector eólico e das enerxías limpas.
- A Xunta investirá 6 millóns de euros en proxectos con enerxías renovables en 94 edificios públicos como hospitais, centros de saúde e educativos e albergues.

A XUNTA AVOGA POR TECNOLOXÍAS RENOVABLES COMO A AEROTERMIA PARA AVANZAR NA CULTURA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA

17/06/2021

- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na xornada ‘Aerotermina-bomba de calor: unha oportunidade para a recuperación verde de Galicia’, organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña.

- O Goberno galego destina este ano 14,2 millóns de euros a diferentes liñas de axudas para impulsar a eficiencia enerxética en industrias, empresas, administracións locais e fogares.

A XUNTA ORGANIZA PRETO DE 60 TALLERES EN DIFERENTES CONCELLOS GALEGOS PARA INFORMAR SOBRE A NOVA TARIFA ELÉCTRICA

15/06/2021

- O director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Manuel Heredia, asistiu esta tarde a unha destas charlas que se levou a cabo no Museo do Moble e da Madeira da Estrada.
- O Goberno galego ten programados un total de 51 talleres presenciais en núcleos urbanos e rurais e sete virtuais en concellos con Oficinas municipais de información ao consumidor ou Aulas Cemit.

A XUNTA APOIARÁ ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIAS DE GALICIA QUE MOBILIZARÁN 9,4M€

15/06/2021

- O prazo de solicitude desta convocatoria, de concorrencia non competitiva, estará aberto do 22 de xuño ao 31 de decembro.
- Destínanse 1,67M€ procedentes do Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética e agárdase apoiar 60 proxectos que permitirán aforros económicos de máis de 600.000 euros anuais.
- Complementa a orde de axudas de iniciativas de eficiencia enerxética e enerxías renovables no sector agrícola primario que, tras a aprobación para ampliar o crédito, impulsará 420 proxectos.

A XUNTA APOSTA POR SOMETER AO ACORDO DE TODOS OS AXENTES PARTICIPANTES CADA PASO QUE SE DEA NO DESENVOLVEMENTO DA EÓLICA MARIÑA

09/06/2021

- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na constitución do Observatorio da eólica mariña.
- O Observatorio será o punto de encontro onde identificar oportunidades e analizar o impacto que suporía a instalación de parques eólicos mariños nas costas galegas.
- Entre as súas funcións estarán a promoción de foros técnicos de coñecemento, a creación dun espazo de información entra as administracións públicas e os sectores e a elaboración de estudos sobre oportunidades, impacto e potencial industrial.

A XUNTA DESTINA 5,4M€ A APOIAR PRETO DE 500 ACTUACIÓNS QUE IMPULSEN O USO DAS ENERXÍAS RENOVABLES E A EFICIENCIA ENERXÉTICA NO SECTOR AGRÍCOLA

05/06/2021

- O obxectivo do Goberno galego é mobilizar 22,8M€, crear ou manter máis de 180 empregos e permitir un aforro de 2M€ na factura enerxética.
- A axuda máxima por proxecto nas explotacións agropecuarias será de 1M€ e poden optar a esta liña tanto as persoas físicas como xurídicas titulares dunha explotación gandeira, propietarios de explotacións agrícolas de regadío ou comunidades cidadás de enerxía, entre outros.
- A Administración ampliará ata os 3,7M€ a convocatoria para os proxectos levados a cabo no sector agrícola primario co fin de impulsar 420 iniciativas.