INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

Maio

A XUNTA BUSCA IDENTIFICAR PROXECTOS DE HIDRÓXENO VERDE PARA LIDERAR O DESPEGUE DESTA TECNOLOXÍA

26/05/2021

- O Goberno galego convoca unha convocatoria de manifestación de interese dirixida a iniciativas asociadas á cadea de valor industrial do hidróxeno renovable.
- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apuntou que o obxectivo é definir as liñas estratéxicas de actuación e concretar os usos e demandas vinculadas a esta enerxía.

MAÑÁ ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS DA XUNTA PARA O FOMENTO DAS RENOVABLES EN EMPRESAS, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO E ADMINISTRACIÓNS LOCAIS

25/05/2021

- A nova convocatoria, de concorrencia competitiva, conta cun orzamento de 2,65 millóns de euros e ofrece axudas para instalacións de biomasa, xeotermia, aerotermia e solar térmica.
- Permitirá mobilizar 4,5M€, aforros anuais de 500.000 euros e de 1,25 millóns de litros de gasóleo e unha redución das emisións de CO2 equivalente á plantación de 185.000 árbores.
- A Xunta compromete este ano un total de 14,25M€ ás convocatorias de enerxías renovables destinadas tanto aos cidadáns, como ás empresas, entidades sen ánimo de lucro, administracións locais e sector agrícola primario.

O PROGRAMA RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS DA XUNTA DE GALICIA XA RECIBIU MÁIS DE 7700 SOLICITUDES NAS TRES PRIMEIRAS SEMANAS

11/05/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou hoxe en Lalín as instalacións de Tien21, un dos 500 establecementos adheridos á iniciativa.
- As persoas interesadas en obter descontos de entre 100 e 450 euros na compra de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas ou placas de cociña aínda poden solicitar estes apoios a través das entidades colaboradoras.
- Prevese a mobilización directa de 10,5 millóns de euros, así como unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 60.000 árbores e a creación ou mantemento de 150 empregos.