INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas ou 2021 ou Novembro

Novembro

A XUNTA DESTACA O PAPEL DAS COMUNIDADES ENERXÉTICAS LOCAIS NA APOSTA POLO AUTOCONSUMO E A REDUCIÓN DA FACTURA ENERXÉTICA

23/11/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, interveu, esta mañá, nun webinario informativo sobre as axudas en materia de autoconsumo e almacenamento enerxético, financiadas con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, ás que a Xunta reserva 31,3M€.
- Prevese unha mobilización de 88M€ e unha redución da factura enerxética anual de 9,6M€.
- Asegura que estes apoios serán claves para reducir o impacto dos prezos enerxéticos na competitividade empresarial e na economía familiar, así como para promover a sustentabilidade.

GALICIA DISPÓN DE 37M€ PARA PROMOVER AS ENERXÍAS RENOVABLES, O AUTOCONSUMO E O ALMACENAMENTO ENERXÉTICO

10/11/2021

- O Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria de 17,2M€ dirixida a particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas que abre hoxe o prazo de adhesión para as entidades colaboradoras.
- Continúan abertas as axudas de autoconsumo e almacenamento dirixidas ás empresas para as que se reservan 19,8M€.

O INEGA SUMA EN 2022 PRETO DE 54M€ PARA AVANZAR CARA A UNHA GALICIA SOSTIBLE A TRAVÉS DAS RENOVABLES E A EFICIENCIA ENERXÉTICA

05/11/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, compareceu hoxe no Parlamento galego para presentar os orzamentos do Inega para o próximo ano.
- As contas do organismo dependente da Vicepresidencia económica da Xunta increméntanse preto dun 39% con respecto a esta anualidade.
- Destina 17 millóns de euros ao fomento de investimentos en proxectos de autoconsumo eléctrico e almacenamento dirixidos a familias, pemes e autónomos.
- O Goberno galego traballa para que Galicia se consolide como un polo enerxético innovador, con especial impulso ao hidróxeno verde, así como á implantación de novas tecnoloxías que supoñan unha consolidación de emprego no tecido empresarial.

A XUNTA DESTINARÁ 2,4M€ A INSTALACIÓNS XEOTÉRMICAS DENTRO DA LIÑA DE APOIOS PARA PROXECTOS RENOVABLES DE USO TÉRMICO

04/11/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá en Santiago de Compostela nunha xornada centrada na rehabilitación enerxética e as novas instalacións renovables co foco na xeotermia.

- Destacou o papel decisivo dos fondos europeos Next Generation como motor da transformación dixital e sustentable do tecido produtivo galego.