INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESENVOLVERÁ NA CORUÑA UN CURSO SOBRE CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS DURANTE O MES DE MAIO

09/05/2011

  • O Instituto Enerxético de Galicia, adscrito ao departamento que dirixe Javier Guerra, continúa desenvolvendo o seu programa de actividades neste ámbito que vai pola segunda edición e que abrangue a realización dun total de cinco cursos que terán lugar nas diferentes cidades galegas

Vigo, 8 de maio de 2010.- A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), iniciará o próximo martes, 10 de maio, no Centro de Formación e Emprego da Confederación de Empresarios da Coruña (Francisco Vales Villamarín, 24), un curso sobre “Modelización e prácticas experimentais para a Certificación Enerxética de Edificios”, que se desenvolverá ata o próximo día 26 de maio, en horario de tarde (de 16.00 a 20.00 horas).

Deste xeito o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), adscrito ao departamento autonómico que dirixe Javier Guerra, continúa o seu programa de actividades de formación para este ano en materia de certificación enerxética de edificios, despois de que o pasado 26 de abril tivera lugar, na sede do Inega, a presentación do primeiro destes seminarios, un total de cinco, que terán como escenario diferentes cidades galegas.

O obxectivo final destes cursos, que a Consellería de Economía e Industria levará a cabo da man do Inega no marco de colaboración global que ten co IDAE e que van pola segunda edición, é o de formar, informar e concienciar aos axentes implicados e aos afectados pola nova normativa enerxética edificatoria para propiciar que se consuma menos enerxía e dun xeito máis racional no sector, de xeito que se minimice o consumo enerxético neste ámbito.

En Europa o sector da edificación presenta un consumo de enerxía final que se sitúa nunha media de entre o 35 e o 40% do gasto enerxético total, o que motivou que as directivas europeas neste campo se traspuxeran aos diferentes estados membros para que cada un a través da súa lexislación puxera en práctica as medidas de aforro e eficiencia enerxética propostas nas correspondentes directivas. En España estas transposicións realizáronse a través do CTE (Código Técnico da Edificación), do Real Decreto de Certificación Enerxética de Edificios e do Rite (Regulamento de Instalacións Térmicas en Edificios).

Destinatarios

Deste modo os seminarios van dirixidos a profesionais relacionados co deseño e verificación de sistemas relacionados co consumo de enerxía en edificación, particularmente en arquitectura, sistema de climatización, iluminación e enerxías renovables, así como a estudantes de último curso e posgrao en Escolas de Enxeñerías (Superior e Técnica) e Arquitecturas (Superior e Técnica).

Requisitos para a admisión

O custo de realización por curso é de 60 euros. Os interesados en tomar parte nel deberán dispór dun ordenador portátil que cumpra os requirimentos asociados ao uso dos programas informáticos de referencia relacionados coa eficiencia enerxética en edificios e así mesmo deberán acreditar mediante curriculum actualizado os coñecementos relacionados co sector.

Calendario de impartición

Cada curso constará de 36 horas lectivas e será impartido en 9 xornadas de tarde (de 16.00 a 20.00 horas), de acordo co seguinte programa provisional (susceptible de cambios, por motivos técnicos e organizativos):

PROVINCIA

IMPARTICIÓN

LÍMITE PREINSCRICIÓN

Santiago de Compostela

26/04 ao 12/05

14/04

A Coruña

10/05 ao 26/05

02/05

Lugo

24/05 ao 09/06

16/05

Pontevedra

07/06 ao 23/06

30/05

Ourense

21/06 ao 07/07

13/06

A preinscrición realizarase a través das páxinas webs do Inega, www.inega, es e da de Bureau Veritas (http://construccion.bureauveritas.es/cursos/), como entidade autorizada polo Inega para a xestión e impartición dos cursos. Así mesmo deberán achegar o curriculum vitae ao seguinte enderezo electrónico: rosana.rua@es.bureauveritas.com.