INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

ECONOMÍA E INDUSTRIA INVISTE MÁIS DE 5 MILLÓNS DE EUROS NO SOTERRAMENTO DE LIÑAS ELÉCTRICAS EN 50 CONCELLOS GALEGOS

04/09/2011

- A Xunta traballa a prol da accesibilidade á electricidade mediante a mellora e creación de soterramentos de liña eléctrica nos concellos galegos.

- Neste plan de axudas, a Consellería de Economía e Industria subvenciona o 80% do custo da obra civil , permitíndose a concesión de anticipos ata o 80% da subvención concedida.

- O investimento total da Consellería de Economía e Industria é de 5.241.769 euros e son beneficiarios 50 concellos.

Santiago, 4 de setembro de 2011.- O acceso á liña eléctrica por parte de tódolos municipios galegos é unha prioridade para a Consellería de Economía e Industria, que ten impulsado esta acción cuns investimentos, nas liñas de apoio a novos soterramentos e mellora dos existentes, que superan os 5 millóns de euros.

O soterramento das liñas eléctricas é unha prioridade estratéxica para a Consellería de Economía e Industria no eido da electricidade. Nesta convocatoria son beneficiarios da axuda 50 concellos e o importante global é de 5.241.769 euros.

Neste senso, as actuacións obxecto da axuda son os soterramentos, recuamentos e outras accións dirixidas á adecuación de infraestruturas eléctricas xa existentes. Todos os proxectos de soterramento foron e serán iniciados na anualidade do 2011 e poden ter carácter bianual, cun porcentaxe de subvención do 80% do custo da obra civil, permitíndose a concesión de anticipos ata o 80% da subvención concedida.

No que se refire ao outorgamento das axudas, os concellos beneficiarios foron seleccionados por estritos criterios de valoración que respondían a aspectos concretos como o tipo de actuación, a tensión da liña, a proximidade a centros de interese social, o tipo de solo e o número de habitantes dos concellos.

A Consellería de Economía e Industria traballa a prol da igualdade do acceso á electricidade dos distintos concellos favorecendo a instalación e a mellora da corrente eléctrica mediante os soterramentos naqueles municipios que precisan melloras neste eido.