INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SETE CONCELLOS GALEGOS E PORTUGUESES INCORPORARÁN NOS EDIFICIOS MUNICIPAIS SISTEMAS DE ENERXÍAS RENOVABLES.

03/04/2009

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2009.

Baixo o Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo (Ipvc) están a coordinar un proxecto entre concellos galegos e portugueses, que poña en marcha iniciativas conxuntas de utilización de recursos enerxéticos e operacións de aforro e diversificación enerxética.

"Enerxía Sostible Local" (ESOL) é un programa europeo que integra aos concellos de Verín, Baltar, A Mezquita, Riós e as cámaras municipais de Chaves e Vinhais. O proxecto está dotado dun investimento superior a 1,2 millóns de euros, financiados nun 75% polo Fondo Europeo FEDER, sendo a súa duración de dous anos.

Este proxecto xurde tralas demandas esixidas pola Unión Europea e as administracións españolas e portuguesas en materia de consumo enerxético e desenvolvemento sostible.

ESOL integra institucións públicas que centran a súa actividade no campo da enerxía, investigación, ensino universitario e administracións locais.

O fin deste proxecto pretende avanzar no proceso de xestión sostible do medio natural na área transfronteiriza, identificando e definindo as pautas do futuro desenvolvemento de sistemas enerxéticos renovables. Para iso, utiliza os recursos renovables existentes no espazo de cooperación territorial Galicia-Norte de Portugal e busca o aumento da colaboración entre os países veciños. Con ESOL estimularase a posta en marcha de proxectos conxuntos de utilización compartida de recursos enerxéticos e de operacións de aforro e diversificación enerxética.

É un proxecto transfronteirizo para o fomento do uso das enerxías renovables, en concreto da biomasa, a enerxía solar e a xeotermia en edificios e instalacións públicas (casas consistoriais, centros de saúde, centros sociais e áreas deportivas).

O proxecto ESOL foi un dos 81 proxectos aprobados no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, que obtiveron un financiamento FEDER de 130 millóns de euros.

Para máis informacióm prema no seguinte enlace: Páxina web do proxecto ESOL

  1. Descarga