INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

O INEGA COLABORA NA CAMPAÑA "AFORRA ENERXÍA" POSTA EN MARCHA POR EROSKI.

19/02/2009

A Coruña, 19 de Febreiro de 2009
EROSKI en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia, (Inega), puxo en marcha a campaña "Aforra enerxía", centrada nun programa de formación cun triple obxectivo: concienciar aos consumidores respecto do valor da enerxía, proporcionarlles unha ferramenta para facer un diagnóstico do consumo doméstico e ofrecer asesoramento para mellorar a eficiencia enerxética dos fogares.

Ademais do Inega, EROSKI conta nesta campaña coa colaboración do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), organismo dependente del Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. EROSKI ademais, ha colaborado con el Ente Vasco de la Energía (EVE), la Sociedad Pública de Gestión Ambiental (Ihobe) y el Institut Català d'Energia (ICAEN).

Para o director do Inega, Juan José Álvarez Carril, "É preciso fomentar un urxente cambio de hábitos cotiáns para acadar un uso racional da enerxía. Dende diferentes ámbitos tamén deben ter apoio todas aquelas medidas, como a que hoxe se presenta, -dixo- que nos axuden a favorecer a eficiencia enerxética: utilizar lámpadas de baixo consumo, coñecer o consumo oculto no fogar, a calefacción a 21º ou empregar transporte público, deben ser hábitos que nos leven a una nova cultura enerxética".

Carril afirmou que "dende o Instituto Enerxético de Galicia sempre mantivemos unha aposta decidida e comprometida con todas aquelas iniciativas de información, divulgación e sensibilización en materia de aforro y eficiencia enerxética". Ao seu xuízo, non basta solo coa implicación das empresas e as administracións xa que é imprescindible tamén contar coa cidadanía para acadar a necesaria e urxente modificación do actual modelo enerxético", aseverou.

Na súa intervención, asegurou que "podemos vivir coa mesma, ou mellor calidade de vida, sen necesidade de malgastar tanta enerxía" e convidou a todas as persoas que o desexen, a participar nesta campaña posta en marcha na cadea de establecementos de Eroski, onde poderán asistir as escolas de consumidores nas que durante unha hora coñecerán o uso eficiente de enerxía.