INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas

Novas

ECONOMÍA E INDUSTRIA FORMOU A MÁIS DE 2.000 PERSOAS EN CONDUCIÓN EFICIENTE DE VEHÍCULOS NESTE EXERCICIO

29/08/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

Un total de 1.864 alumnos participaron nos cursiños de condución eficiente para vehículos turismos e 150 para vehículos industriais

Este programa formativo, impulsado polo Instituto Enerxético de Galicia, ten como obxectivo fomentar técnicas que permiten diminuír o consumo de combustible ata un 15%, coa conseguinte redución na emisión de gases contaminantes á atmosfera, así como incrementar os índices de seguridade ao volante

Este ano realizáronse diversos cursos en colaboración coa DGT e desenvolvéronse xornadas de eficiencia na rúa

Estas actividades formativas, dirixidas en todo momento por monitores expertos, enmárcanse dentro da estratexia global da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética

ECONOMÍA E INDUSTRIA MOBILIZA UN INVESTIMENTO DUNS 16,5 MILLÓNS E POSIBILITA UN AFORRO DE 1,3 MILLÓNS AOS MÁIS DE 32 MIL BENEFICIARIOS DO RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS

25/08/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez destaca "a excelente acollida que tivo esta campaña entre a cidadanía" ao completarse os 3,1 millóns de orzamento nalgo máis de quince días

Diéguez subliña o dobre aforro que supón na economía doméstica este Plan, que fomenta un aforro de ata 125 euros a través da substitución dun equipamento por outro novo máis eficiente enerxeticamente e reduce o consumo eléctrico nun 8% na factura dos máis de 32 mil beneficiaros

O Renove de Electrodomésticos do Inega contou coa participación de preto de 900 establecementos

ECONOMÍA E INDUSTRIA EMPRENDE UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA PARA POÑER FIN ÁS RECARGAS QUE AFECTAN AOS USUARIOS DE MÁIS DE 10 kW QUE AÍNDA NON CONTRATARAN A SUBMINISTRACIÓN NO MERCADO LIBRE

13/08/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

Nunha comparecencia conxunta, o director do Inega e a presidenta do IGC, Eliseo Diéguez e Nava Castro, subliñaron que o obxectivo último desta "actuación transversal" é a de conseguir que os cidadáns galegos que actualmente están sufrindo sobrecustos na súa facturación non os teñan que pagar de aquí en adiante

Eliseo Diéguez, indicou que na actualidade existe un gran número de usuarios entre os que se atopan particulares, administracións, pemes, etc. na devandita situación, é dicir, que están a sufrir recargas na súa factura eléctrica de entre o 20% e o 40%, e que incluso poden chegar a quedar sen subministro desde o 1 de xaneiro de 2011

Diéguez sinalou que Economía e Industria enviará un folleto informativo aos concellos, ás OMIC e a outros usuarios que puideran estar afectados por esta situación no que se recollen as instrucións necesarias a poñer en práctica para evitar estas recargas na facturación e os futuros cortes da subministración

Castro e Diéguez piden a colaboración dos cidadáns para que esta información chegue ao maior número de usuarios

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVERÁ UN INVESTIMENTO ASOCIADO DE 28,4 MILLÓNS DE EUROS COAS AXUDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA 2010

28/07/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O DOG recolle hoxe a orde axudas que conseguirá un aforro de enerxía primaria de preto de 12.650 toneladas equivalentes de petróleo (147 GWh/ano), o que supón evitar a emisión de máis de 50.350 toneladas de CO2 á atmosfera

O departamento que dirixe Javier Guerra continúa a mostrar unha especial sensibilidade para cos concellos, posto que das 18 liñas de axudas distintas deste programa, un total de 12 están dirixidas especificamente aos concellos, cunha contía de subvención que alcanza o 75%

O titular autonómico destacou que a través desta convocatoria se permitirá a consulta en liña do estado de cada expediente e se fará posible unha nova redución nos tempos de tramitación e resolución das axudas

ECONOMÍA E INDUSTRIA REFORZA O PROGRAMA DE APOIO ÁS ENERXÍAS RENOVABLES PARA EVITAR A EMISIÓN DE 15.000 TONELADAS DE CO2 Á ATMOSFERA

14/07/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

Javier Guerra salientou que esta iniciativa ten sido reforzada polo Goberno galego para xerar un investimento asociado de 30 millóns de euros

O programa se enmarca dentro da aposta estratéxica da Xunta de Galicia de aproveitamento dos recursos autóctonos mediante a implantación das enerxías renovables co fin de facer de "Galicia unha comunidade líder no aproveitamento das enerxías limpas"

Guerra reafirmou a súa aposta por "incrementar a axilidade e a eficacia da administración" e recordou que "en ano e medio, a Consellería de Economía e Industria ten reducido a máis da metade os prazos de resolución e tramitación destas axudas"

O PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS 2010 DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PERMITIRÁ AFORRAR A 33.500 FAMILIAS GALEGAS MÁIS DE 1,3 MILLÓNS NA FACTURA ELÉCTRICA, UNHA MEDIA DE 40 EUROS POR FOGAR

07/07/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Inega, explicou hoxe en rolda de prensa que o Instituto Enerxético de Galicia habilita un orzamento inicial de 3,1 millóns de euros para a substitución de electrodomésticos por equipamentos de baixo consumo enerxético

Con esta nova actuación, que se enmarca dentro da aposta global da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, posibilitarase un aforro de enerxía de preto de 16.000 MWh, o que supón evitar a emisión de case 2.500 toneladas de CO2 á atmosfera

A solicitude de axudas, dunha contía máxima do 25% do prezo do electrodoméstico e de ata 125 euros por equipo, poderase realizar a partir dos 20 días seguintes á próxima publicación no DOG do Plan, prevista para o luns, 12 de xullo

Con esta campaña de fomento do aforro e da eficiencia, maioritariamente no sector doméstico, xerarase un investimento asociado de en torno a 12,4 millóns de euros

ECONOMÍA E INDUSTRIA INVESTIRÁ MÁIS DE 21 MILLÓNS DE EUROS NO PROGRAMA DE ACTUACIÓNS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA 2010-2011, QUE ENGLOBARÁ 27 MEDIDAS DIRIXIDAS A TODOS OS SECTORES ECONÓMICOS

06/07/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O conselleiro indicou que coa xestión do conxunto de accións deste programa xerarase un aforro de enerxía de preto de 200.000 MWh, un aforro económico de case 16 millóns de euros anuais e evitarase a emisión á atmosfera de máis de 78.000 toneladas de CO2

Javier Guerra anunciou que mediante este completo Plan que desenvolverá o Inega posibilitarase un investimento asociado de 75 millóns de euros

A posta en marcha do Plan Renove de Iluminación Interior e do Plan Renove de Rótulos Lumínicos e dun proxecto piloto de Lámpadas Eficientes son algunhas das actuacións novidosas que o Inega desenvolverá neste exercicio, no que se lle seguirá prestando un apoio prioritario aos concellos

Destinaranse máis de 6,5 millóns de euros a seis Plans Renove e preto de 9 millóns de euros ao programa de axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética a todos os sectores económicos

MÁIS DE 300 PARTICIPANTES, NA XORNADA INFORMATIVA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA SOBRE O PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS 2010

21/06/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O encontro informativo, que se desenvolveu esta mañá na EGAP tivo como obxectivo básico explicar ás entidades colaboradoras o proceso de cumprimentación e documentación destas axudas de aforro e eficiencia no sector doméstico, que o Inega ten previsto poñer en marcha proximamente

INAUGURADA A VIVENDA BIOCLIMÁTICA DEMOSTRATIVA DE SOTAVENTO

21/06/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O Presidente da Xunta adianta que o Plan Enerxético de Galicia 2010-2015 permitirá un aforro de 1.000 millóns de euros.

Avanza que a Xunta tamén porá en marcha un Plan de aforro e eficiencia nos edificios da Administración pública galega co obxectivo de acadar un aforro de ata o 40%.

Adianta que o Goberno galego traballa na posibilidade de instalar "unha área marítima experimental na costa galega" co obxecto de desenvolver proxectos de enerxía maremotriz.

Salienta que a finais deste ano a Xunta adxudicará 3.300 novos megavatios: aos máis de 2.300 do concurso eólico, hai que sumar outros 300 de plans eólicos empresariais, outros 500 que xa foron adxudicados e 100 de parques experimentais.

Sostén que incrementará a taxa de autoabastecemento do 27 ao 30% nos próximos cinco anos.

Subliña que a Xunta pretende elaborar una nova normativa para ampliar o concepto de parque experimental, para aplicalo a outras localizacións e a outros aproveitamentos enerxéticos.

"Galicia quere ser líder no desenvolvemento das enerxías renovables e proba disto é que estimamos que no ano 2015 o 95% da enerxía que se produza en Galicia proveña das enerxías renovables", engade.

ECONOMÍA E INDUSTRIA COLABORA COA DGT NA REALIZACIÓN DE CURSOS DE CONDUCIÓN EFICIENTE DE VEHÍCULOS TURISMO

10/06/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, asistiu hoxe en Santiago ao arranque destas actividades, que se desenvolverán en diversas cidades galegas nos próximos meses

A través destes seminarios, que se enmarcan dentro do plan de formación do Inega para este ano, un total de 120 persoas adquirirán técnicas para unha condución eficiente, que lles permitirán diminuír o consumo do combustible ata un 15%, así como incrementar a seguridade ao volante