INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas

Novas

ECONOMÍA E INDUSTRIA PON EN MARCHA A EXPOSICIÓN “UN MUNDO DE ENERXÍA” PARA PROMOVER UN CONSUMO ENERXÉTICO EFICIENTE E RESPONSABLE

19/02/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

A mostra, concibida como un espazo didáctico e participativo que pretende mellorar a comprensión sobre a importancia que teñen os recursos enerxéticos, pódese ver estes días na antiga-casa escola de Ventosa, no Concello de Agolada

Ata o próximo día 8 de marzo a exposición será visitada por nenos de distintos colexios da comarca do Deza e a partir desa data a mostra iniciará a súa xira itinerante por distintos puntos da xeografía galega

OS BUQUES DE PESCA GALEGOS PODERÍAN ACADAR UN AFORRO MEDIO ANUAL DE ENTRE O 5% E O 48%, SEGUNDO UN ESTUDO PROMOVIDO POLO INEGA, EN COLABORACIÓN CO CETPEC

06/02/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

Son os resultados extraídos de 82 auditorías realizadas, das 90 previstas, no marco do convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Centro Tecnolóxico da Pesca co fin de mellorar a eficiencia enerxética no sector pesqueiro

As análises leváronse a cabo ata o momento en 20 embarcacións de altura, en 10 buques de pesca de litoral e en 52 barcos de pesca artesanal

A porcentaxe de aforro acadable que se pode obter mediante a aplicación das medidas de optimización enerxética propostas varía en función da tipoloxía do buque pesqueiro, sendo os barcos de pesca artesanal os que máis poden diminuír os seus custos

As conclusións do estudo, cando estea totalmente finalizado, divulgaranse entre os mandos dos barcos que teñan relación directa coa xestión da enerxía para que estes colaboren na execución das melloras de redución do gasto enerxético que han de permitir facer a flota pesqueira galega máis competitiva

O INEGA POTENCIARÁ O USO DA BICICLETA COMO MEDIO DE TRANSPORTE EN PORTO DO SON, NOIA E LOUSAME MEDIANTE UN CONVENIO CON ESTES CONCELLOS CUNHA CONTÍA MÁXIMA TOTAL DE 140.000 EUROS

01/02/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O acordo establece a posta en marcha dun servizo de préstamo de bicicletas, que funcione nos devanditos municipios barbanzanos antes do 15 de setembro, similar ao que o Inega ten xa activado en nove concellos

O obxectivo último do programa Bicidadáns, de promoción do transporte urbano en bicicleta, financiado e impulsado polo Inega, é promover a eficiencia no sector do transporte, un dos principais ámbitos consumidores da enerxía, así como reducir o problema medioambiental derivado dos usos fósiles do transporte

A XUNTA DE GALICIA INCENTIVA CON 430.600 EUROS O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS PARA O FOMENTO DUNHA MAIOR PARTICIPACIÓN DOS MEDIOS COLECTIVOS NO TRANSPORTE POR ESTRADA

31/01/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O acordo de coordinación asinado hoxe entre o Instituto Enerxético de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas contempla levar a cabo investimentos en infraestruturas ou servizos que aumenten a utilización conxunta dos medios de locomoción por estrada, co fin de incrementar a eficiencia no sector do transporte

AS AXUDAS DO PLAN DE VEHÍCULOS EFICIENTES DO INEGA, DE ATA UN MÁXIMO DE 7.000 EUROS, PÓDENSE SOLICITAR DESDE O 1 DE FEBREIRO

30/01/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería de Economía e Industria, mobilizará con esta nova actuación de aforro e eficiencia enerxética no sector do transporte, un orzamento inicial de 500.000 euros que posibilitará un investimento asociado de 3,4 millóns de euros

A través deste Plan incentívase a adquisición de vehículos novos ou transformacións que se alimenten de combustibles alternativos aos convencionais

A contía máxima da subvención será do 15% do prezo do vehículo de mercado e poderá chegar ata os 7.000 euros

O INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA FOMENTARÁ O USO DA BICICLETA COMO MEDIO DE TRANSPORTE NO CONCELLO DE LALÍN MEDIANTE UNHA ACHEGA MÁXIMA DE 140.000 EUROS

26/01/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Inega, Eliseo Diéguez, e o alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, asinaron hoxe o convenio de colaboración polo que este servizo público de préstamo de bicicletas que o Inega xa ten activado nun total de 9 concellos galegos, funcione en Lalín antes do 15 de setembro

O obxectivo último do programa Bicidadáns, financiado e impulsado polo Inega, é promover a eficiencia no sector do transporte, un dos principais ámbitos consumidores da enerxía; aliviar o exceso de conxestión e reducir o problema medioambiental derivado dos usos fósiles do transporte

O INEGA IMPULSA CON MÁIS DE 200.000 EUROS MEDIDAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN POLÍGONOS INDUSTRIAIS MEDIANTE UN PROXECTO PILOTO COA FEDERACIÓN GALEGA DE PARQUES EMPRESARIAIS

20/01/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O convenio de colaboración asinado hoxe entre o director do Instituto Enerxético de Galicia e o presidente da Fegape contempla a realzación de auditorías enerxéticas en 25 industrias manufactureiras, a divulgación dos resultados destes estudos e a implantación dun plan de mobilidade en 4 polígonos industriais

Con esta actuación pioneira e experimental, que deberá estar executada antes do 30 de agosto de 2010, incentívase o uso racional da enerxía no sector e propíciase unha mellora das condicións medio ambientais

O INEGA INCENTIVARÁ A TRAVÉS DO PROGRAMA BICIDADÁNS O USO DA BICICLETA COMO MEDIO DE TRANSPORTE EN 8 CONCELLOS EN 2010 MEDIANTE ACHEGAS, A FONDO PERDIDO, DUN MÁXIMO DE 700.000 EUROS

05/01/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O Instituto Enerxético de Galicia destinará 140.000 euros, como límite, para cada un dos cinco convenios que asinará proximamente cos municipios seleccionados para levar adiante o programa, ademais de prestarlles asesoramento técnico para o desenvolvemento desta actuación

O obxectivo último desta iniciativa é promover a eficiencia no transporte público, aliviar o exceso de conxestión e reducir o problema medioambiental derivado dos usos dos combustibles fósiles para o transporte

Desde que puxo en marcha o programa no ano 2006, o Inega leva realizado un investimento total de 2.100.000 euros na promoción da utilización da bicicleta, o que supón un aforro estimado de 195 toneladas equivalentes de petróleo anuais e unha redución na emisión a atmosfera de 595 toneladas de CO2 ao ano

ECONOMÍA E INDUSTRIA, A TRAVÉS DO INEGA, DESTINA COMO ORZAMENTO INICIAL 500.000 EUROS AO PLAN DE VEHÍCULOS EFICIENTES 2009, QUE XERARÁ UN INVESTIMENTO ASOCIADO DE 3,4 MILLÓNS DE EUROS

28/12/2009

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

Preto de 400 automóbiles eficientes circulan polas estradas galegas, adquiridos mediante as subvencións que o Instituto Enerxético de Galicia dá a través desta campaña, que vai pola terceira edición

O director do Instituto Enerxético de Galicia destaca que con esta nova medida para incentivar unha maior eficiencia enerxética no sector do transporte se prevé que se adhiran á campaña máis de 45 concesionarios e que se efectúen 250 transaccións, entre adquisicións de vehículos híbridos novos e transformacións a GLP

As axudas, que se poden solicitar desde o 1 de febreiro de 2010, serán dun máximo do 15% do prezo de mercado do vehículo e poderán alcanzar os 7.000 euros

O PROGRAMA DE AXUDAS DO INEGA PÉCHASE CON 3.698 SOLICITUDES DE AXUDAS ACEPTADAS, A CIFRA MÁIS ALTA DE TODAS AS CONVOCATORIAS, UN 37% MÁIS QUE EN 2008

25/12/2009

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

Se ben o número de subvencións validadas se achega ás 3.700, o Instituto Enerxético de Galicia recibiu 11.554 borradores de subvencións.

O director do Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería de Economía e Industria, destaca que "estes datos confirman definitivamente o interese que xeraron as subvencións de aforro e eficiencia enerxética e de enerxías renovables este ano, que se traduciu nunha media de 282 borradores de axudas ao día e en 90 axudas aceptadas diariamente".

Eliseo Diéguez resalta a incidencia positiva que tivo neste elevado cómputo, a presentación por primeira vez este ano das solicitudes vía telemática xunto coa difusión das axudas alcanzada a través das dúas xornadas informativas organizadas polo Inega.

Incide en que o Instituto está a centrar os esforzos en axilizar a tramitación das axudas para dar cumprimento ao compromiso de reducir nun terzo os tempos.

Cun orzamento de preto de 16 millóns de euros as subvencións do Instituto que dirixe Eliseo Diéguez mobilizaron un investimento asociado de 61,8 millóns de euros e posibilitaron a redución á atmosfera de 60.500 toneladas de CO2 anuais.