Novas
05/11/2018
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, sinala que os presupostos do Instituto Enerxético de Galicia, que alcanzan preto de 23 millóns, contribuirán á competitividade das empresas e a mellora do benestar dos fogares.
- Destaca que se destinarán 4 millóns ao fomento do autoconsumo, con liñas de axudas dirixidas tanto ao ámbito doméstico como empresarial, as administracións e as entidades sociais.
- Subliña que o proxecto do EcoBarrio da Ponte, en Ourense, que conta con preto de 2,5 millóns de euros nos orzamentos deste departamentos, está chamado a converterse nun exemplo de transformación urbana sustentable.
- Promóvese a implantación de dúas estacións de recarga de GNL para consolidar este combustible no transporte terrestre de mercadorías.
31/10/2018
- A xerente do Instituto Enerxético de Galicia, Zeltia Lado, e o delegado territorial da Xunta, Ignacio López- Chaves, participaron hoxe nunha xornada para informar aos técnicos que traballan de xeito directo cos consumidores máis vulnerables.
- Tamén se están a distribuír 50.000 folletos para achegar as claves destes apoios á cidadanía, ademais de poñer á súa disposición o teléfono gratuíto 900 231 123.
- Máis de 500 fogares benefícianse xa das axudas autonómicas complementarias ao bono social, que permiten aos consumidores vulnerables severos asumir o pagamento do 100% da factura e garanten así mesmo que non van sufrir ningún corte no servizo.
26/10/2018
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe á posta en marcha desta iniciativa que abastecerá seis edificios e evitará emisións de CO2equivalentes á plantación de 19.000 árbores.
- Trátase do terceiro proxecto en marcha de district heating con biomasa apoiado pola Xunta.
- Enmárcase no compromiso do Goberno galego por impulsar as enerxías renovables autóctonas que, no caso da biomasa, ten permitido apoiar a instalación de 5.000 caldeiras, autorizar a nova planta de Curtis ou aprobar actuacións en 65 edificios públicos.
25/10/2018
- A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe nunha das xornadas que se están a celebrar nas principais cidades galegas para formar aos técnicos que traballan de xeito directo cos consumidores máis vulnerables.
- Tamén se están a distribuír 50.000 folletos para achegar as claves destes apoios á cidadanía, ademais de poñer á súa disposición o teléfono gratuíto 900 231 123.
- Máis de 500 fogares benefícianse xa das axudas autonómicas complementarias ao bono social, que permiten aos consumidores vulnerables severos asumir o pagamento do 100% da factura e garanten así mesmo que non van sufrir ningún corte no servizo.
23/10/2018
- A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na primeira das xornadas previstas nas sete principais cidades para formar aos técnicos que traballan de xeito directo cos consumidores máis vulnerables.
- Tamén se están a distribuír 50.000 folletos para achegar as claves destes apoios á cidadanía, ademais de poñer á súa disposición o teléfono gratuíto 900 231 123.
- Máis de 500 fogares benefícianse xa das axudas autonómicas complementarias ao bono social, que permiten aos consumidores vulnerables severos asumir o pagamento do 100% da factura e garanten así mesmo que non van sufrir ningún corte no servizo.
19/10/2018
- A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente do Inega, Zeltia Lado, presentaron hoxe a iniciativa, que inclúe encontros nas sete principais cidades para formar aos técnicos que traballan de xeito directo con este colectivo.
- Tamén se están a distribuír 50.000 folletos para achegar as claves destes apoios á cidadanía, ademais de poñer á súa disposición o teléfono gratuíto 900 231 123.
- Máis de 500 fogares benefícianse xa das axudas autonómicas, que permiten aos consumidores vulnerables severos asumir o pagamento do 100% da factura e garanten así mesmo que non van sufrir ningún corte no servizo.
18/10/2018
- Na chegada a Santiago da primeira etapa da II Volta a España en vehículo eléctrico.
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apuntou que a través das Directrices Enerxéticas se busca afondar no transporte limpo para reducir en case 400.000 toneladas a emisión de gases contaminantes.
- Esta folla de ruta conta cun orzamento público-privado de máis de 3000 millóns de euros para impulsar a transición enerxética na Comunidade de forma progresiva e sustentable.
11/10/2018
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe o parque promovido por Raiola Future, adxudicataria na terceira poxa de renovables convocada polo Estado.
- Salientou que esta planta demostra que en Galicia é posible desenvolver parques fotovoltaicos competitivos.
- A instalación contará con máis de 5500 paneis solares, o que contribuirá a evitar a emisión á atmosfera de máis de 2300 toneladas de CO2 ao ano.
- O Goberno galego está a executar as Directrices Enerxéticas de Galicia, que buscan mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a competitividade do tecido empresarial, mobilizando 3000 millóns de euros ata 2020 e creando 12.000 empregos.
27/07/2018
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe en Ourense na presentación da renovación da iluminación pública exterior da Ponte.
- A reforma integral inclúe, ademais da actuación da Chavasqueira, un cambio á tecnoloxía LED, coa substitución de máis de 3.000 lámpadas, a implementación dun sistema de alumeado híbrido e un incremento na seguridade viaria co reforzo da iluminación nos pasos peonís.
- Tahoces indicou que esta iniciativa suporá un aforro enerxético anual de 1.200 kWh, o equivalente ao consumo de 350 familias, e evitarase a emisión á atmosfera de 429 toneladas de CO2 ao ano.
24/07/2018
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, asistiron ao comezo das obras para poñer en marcha esta instalación, que supón un investimento de 817.000 euros dos que o Inega achega o 80%.
- A infraestrutura subministrará auga quente sanitaria e calor a catro edificios públicos, un futuro centro de día e residencia, así como a un hotel.
- A iniciativa forma parte da Estratexia Integral de Impulso á Biomasa, coa que a Administración autonómica promove o uso desta fonte autóctona.