09/09/2008
O departamento de Fernando Blanco convoca máis de 15 millóns de euros en axudas destinadas a empresas, particulares e Administracións locais.
O Diario Oficial de Galicia publicou onte as bases da convocatoria das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovábeis en Galiza correspondentes ao presente ano 2008.
A Consellaría de Innovación e Industria destina máis de 15 millóns de euros a orzar as liñas de axuda, que son tramitadas integramente polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e foron convocadas nunha única resolución a través do DOG.
25/08/2008
O conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, acompañado polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Calvo, e polo director do Inega, Juan Álvarez, presentou esta mañá o Plan, que este ano renova os obxectivos de reducir o consumo de enerxía eléctrica no sector doméstico por medio da substitución de electrodomésticos antigos por equipos enerxeticamente máis eficientes. Todos os galegos e galegas que fagan este cambio de electrodomésticos poden obter axudas do plan, que entra en vigor o 15 de setembro e remata co esgotamento dos fondos.
04/08/2008
O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), vén participando dende o ano 2006, ata a actualidade, no proxecto europeo EnerinTown. Este proxecto, no que tamén están presentes diferentes organizacións de España, Italia, Irlanda, Portugal, Francia, Lituania, Alemaña e Grecia, ten por obxecto o deseño e posta en marcha dun sistema de monitorización dos consumos enerxéticos das instalacións municipais a través da internet.
Entre outras liñas de traballo, o proxecto aborda a necesidade de establecer un maior control sobre o consumo enerxético municipal nos edificios propiedade dos concellos. Para isto, partiuse da proposta dunha solución que permita eliminar dúas das barreiras existentes: a falta de coñecemento detallado sobre as cifras de consumo e a falta de persoal cualificado, coa intención de propoñer accións de mellora no aforro de enerxía.
03/07/2008
O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pon a súa disposición un simulador para coñecer o incremento da factura eléctrica dende a entrada en vigor das novas tarifas.
Con este simulador, e de maneira sinxela e instantánea, vostede poderá coñecer o novo importe do recibo da luz que terá que abonar coa recente subida das tarifas eléctricas. Só introducindo os datos nas casillas que aparecen no simulador,utilizando o último recibo ou posteriores a febreiro, coñecerá a cantidade a pagar e o incremento.
16/06/2008
Coa instalación de 13 grandes aeroxeradores, este parque producirá preto de 30 MW de enerxía eléctrica, a partir do vento.
Santiago de Compostela, 17 de Xuño de 2008. O director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Juan Álvarez Carril inaugurou o parque eólico "Casa", propiedade de Enel-Fenosa nun acto ao que asistiron os máximos representantes da empresa eléctrica, o delegado de Industria para a provincia de Lugo, Ramón Jesús Cortés, o alcalde de Vilalba e a tenente de alcalde de Guitiriz.
28/05/2008
O director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Juan J. Álvarez Carril foi recibido na Habana pola Viceministra do Ministerio de Educación, Victoria Arencibía Sosa, tralo acto de inauguración do Simposio Internacional de Enerxía Gea 2008 que se está a celebrar en "Ciudad Libertad" no municipio cubano de Marianao.
Para Victoria Arencibía "Cuba leva dende o ano 2000 traballando na terceira revolución educacional que aposta por unha cultura científica baseada en coñecementos éticos e solidarios "xa que -segundo afirmou-" non existe igualdade posible sen igualdade de cultura".
01/01/1970
O director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Juan J. Álvarez Carril clausurou o primeiro curso online organizado polas universidades de Santiago de Compostela e a Habana enmarcado no Simposio Internacional de Enerxía Gea 2008 que se está a celebrar en "Ciudad Libertad" no municipio de Marianao na capital de Cuba.
Cerca de 30 profesores de ambas universidades participaron neste primeiro curso virtual onde, durante nove meses, intercambiaron experiencias centradas na necesidade de crear unha nova cultura ambiental, desenvolvemento sostible, aforro enerxético , eficiencia enerxética, e outras cuestións relacionadas co este sector.
26/05/2008
O director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Juan José Álvarez Carril asegurou trala xuntanza coa Directora de Relacións Internacionais do Ministerio de Educación cubano, Olga Reyes, que "dende o Goberno galego tentaremos contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico e a fiabilidade dos sistemas que xestionan as ferramentas e contidos educativos que se deseñan no laboratorio pedagóxico do Ministerio."
Neste sentido, o director do Inega afirmou que proximamente se asinará un convenio de colaboración entre ambas entidades con este fin.
15/04/2008
A Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Industria e Minas e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), vén de integrarse na Alianza de Rexións e Municipios Europeos sobre o Hidróxeno e Pilas de Combustible (HyRaMP).Bruxelas, 14 de abril de 2008. A Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Industria e Minas e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), vén de integrarse na Alianza de Rexións e Municipios Europeos sobre o Hidróxeno e Pilas de Combustible (HyRaMP).
A Alianza de Rexións e Municipios Europeos sobre o Hidróxeno (HyRaMP) constituída no Parlamento Europeo impulsará a utilización do hidróxeno como combustible e proxectos de investigación nas comunidades de Galicia, Cataluña, Madrid, Aragón e Castela-A Mancha.
11/04/2008
As Consellerías de Innovación e Industria e Medio Rural aportaron preto de 200.000 euros a esta iniciativa integrada no proxecto de cooperación transrexional Enersilva Promoción do uso da biomasa forestal con fins enerxéticos no suroeste de Europa do Programa INTERREG III no que participan como socios en Galicia o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), a Dirección Xeral de Montes e Industrias forestais e a Asociación Forestal de Galicia.Ponteareas