INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2015 A PROXECTOS DE BIOMASA

Inicio solicitude: 27 de xaneiro de 2015
Fin solicitude: 26 de febreiro de 2015

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 26 de decembro de 2014, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2015 (DOG núm 16, Luns 26 de xaneiro de 2015)

Resolución do 12 de marzo de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria prevista inicialmente na Resolución do 26 de decembro de 2014 que estableceu as bases reguladoras e a posterior convocatoria de subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anunciou a convocatoria anticipada para o ano 2015.  

Relación de expedientes excluídos das dúas seguintes convocatorias de axudas para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia en que poidan ser beneficiarios.

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para os proxectos de equipamentos térmicos de biomasa executados en Galicia.

Inscrición de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 27 de xaneiro, e permanecerá aberto ata o día 26 de febreiro de 2015 (a reserva de fondos previa poderase facer a través da aplicación informática desde as 9:00 h do 27 de xaneiro ata as 14:00 h do 26 de febreiro).

Os formularios da solicitude só poderán ser cubertos e confirmados acudindo á aplicación informática dispoñible neste enlace:
Acceso á aplicación

Unha vez cubertos e confirmados os formularios, as solicitudes poderán presentarse en formato electrónico, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia ou en formato papel no Rexistro Único de INEGA, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, 15707 en Santiago de Compostela ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4 º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992).

Concesión de axudas

A concesión da axuda farase por rigorosa orde de reserva de fondos a través da correspondente aplicación informática, e quedará confirmada coa presentación da solicitude.

Os expedientes correspondentes a solicitudes que reúnan todos os requirimentos destas bases, para os que non existan fondos suficientes para poder acceder á axuda no momento de realizar a reserva de fondos, permanecerán na listaxe de espera que polo seu tipo de beneficiario lles corresponda, ordenada por rigorosa orde segundo o momento no que se efectúe dita reserva de fondos na aplicación informática. Estes expedientes poderán obter axudas no caso de que se produzan liberacións de axudas reservadas a outros expedientes.

Período de actuacións subvencionables

Co fin de incentivar o uso das caldeiras de biomasa, o período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña efectuado a solicitude de axuda ante esta entidade, e rematará en función dos prazos seguintes, contados desde o día seguinte á notificación da resolución de concesión:

  • Equipamentos térmicos de biomasa nas administracións públicas 6 meses (3+3).
  • Resto das instalacións non incluídas na tipoloxía anterior. 3 meses.


Os xustificantes de gasto e de pago terán que estar comprendidos dentro do período de execución dos investimentos, é dicir, a partir do día da solicitude de axuda ata aquel en que remate o prazo que lle corresponde á instalación, e sempre co límite do día 30 de setembro de 2015.

Beneficiarios

a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións.

Contía máxima da axuda

A contía máxima de axuda será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, cos seguintes límites adicionais por proxecto:

  • A contía máxima por proxecto será de 200.000 €, agás para as empresas do sector agrícola que será de 15.000 €, e para as empresas de transporte de mercadoría por estrada por conta allea, que será de 100.000 €.

 Modelos