INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

BIOMASA 2017

ADHESION  ENTIDADES COLABORADORAS

Entidades colaboradoras: Entidades privadas con personalidade xurídica ou empresarios individuais, dados de alta como empresas de instalación térmicas en edificios, con domicilio social ou centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que acrediten a condición de eficacia de solvencia técnica e económica. (DOG núm. 43 do 2 de marzo de 2017).

Prazo para a adhesión das entidades colaboradoras

  • Inicio: a partir do 3 de marzo de 2017
  • Fin: o 23 de marzo de 2017 (incluído)

Acceso á aplicación de adhesión como entidade colaboradora.

Listaxe entidades colaboradoras adheridas

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas ata o momento.

Modos de adhesión

a) Simplificada: Usuario e contrasinal da edición anterior.

b) Alta de novas entidades colaboradoras. O solicitante crea un usuario e contrasinal ó acceder a primeira vez.

Presentación telemática

 Anexo II e Anexo X (convenio) e demais documentación solicitada, segundo o caso.

Requisitos técnicos mínimos necesarios

- Utilizar navegador compatible: Internet Explorer v.8 ou superior.

- Ter instalado a versión Java 1.8 ou superior.

- O solicitante ou representante legal deberá ter un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor baixo a norma X.509v3. 

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE BIOMASA PARA PERSOAS FÍSICAS

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial, a todos os efectos, será a publicada na  Resolución do 9 de febreiro de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria para o ano 2017 das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020  (Procedementos IN421H, IN421I). (DOG núm. 43 do 2 de marzo de 2017). 

Prazo para a presentación de solicitudes

  • Inicio: 24 de marzo de 2017
  • Fin: 24 de abril de 2017

 

Só se admite a tramitación electrónica. As solicitudes e demais documentación dixitalizada serán presentadas, a través  da aplicación, polas entidades colaboradoras adheridas.

Beneficiarios

- Persoas físicas de dereito privado, comunidades ou mancomunidades de veciños

- Propietarios ou titulares dun inmoble do sector residencial sito no ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Agrupacións de persoas físicas ou privadas sen personalidade

Características dos equipos técnicos

Artigo 3 das bases da convocatoria.

Intensidade de axudas e contías máximas 

A contía máxima da axuda será calculada en función da potencia unitaria instalada e do tipo de instalación, cos seguintes límites adicionais por proxecto, segundo o artigo 4.2 das bases:

- A intensidade máxima da axuda será do 50% do cálculo do investimento elixible por potencia instalada.

- A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €

Prazo máximo de resolución de concesión

4 meses dende o remate do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de  execución e xustificación de gastos

30 de setembro de 2017

Documentación complementaria

- Memoria técnica

- Zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) segundo a clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016 (fonte: Instituto Galego de Estatística). Consultar a listaxe

Mais información

No teléfono 981 541500 (opción 3 da locución telefónica) ou mediante correo electrónico inega.info@xunta.gal