INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2017 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e  anúnciase a convocatoria  para o ano 2017 (DOG do 23 de marzo de 2017).

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017. (DOG do 21 de abril de 2017).

Concepto

Esta resolución ten por obxecto regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás actuacións e proxectos de enerxías renovables que utilicen enerxía xeotérmica, aerotérmica ou solar térmica, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos. 

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable deberá superar os 3.000 euros.

Presentación de solicitudes

Inicio solicitude: 24 de marzo de 2017
Fin solicitude: 24 de abril de 2017

Beneficiarios

a) Administración Autonómica e Local.

b) Persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro.

c) As pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións.

Contía da Axuda

A contía máxima de axuda será calculada en función da potencia instalada (salvo para os paneis solares de tubo de baleiro que será por superficie) e do tipo de instalación, cos límites que se establecen nas bases reguladoras: 

1.  A intensidade de axuda segundo o tipo de beneficiario será a seguinte:
 
- 75 % para administracións públicas.

- Outros beneficiarios, a intensidade da axuda será do 30% incrementándose en 10 puntos porcentuais para as medianas empresas, e en 20 puntos porcentuais para as pequenas empresas e persoas físicas.

2.  A contía máxima de axuda por proxecto será de 50.000 € no caso das bombas de calor xeotérmicas e de 20.000 € na aerotermia e solar térmica.

3.  A contía total de axuda establecida para as axudas de minimis concedidas a unha única empresa, nun período máximo de 3 anos, fíxase en 200.000 euros, agás para as empresas de transporte de mercadorías por estrada por conta allea que se establece en 100.000 €. 

Prazo de execución e xustificación

O período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade, e a data máxima para xustificar os gastos e executar os investimentos vinculados ó proxecto será o 15 de outubro de 2017.

Presentación de Solicitudes

Cando os interesados sexan Administracións públicas,Institucións sen ánimo de lucro, Autónomos ou Pequenas e medianas empresas (PEMES) e as súas agrupacións e asociacións, a solicitude presentarase exclusivamente por medios electrónicos. 

Para todas as demais persoas interesadas, as solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica.Opcionalmente,tamén poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro , do procedemento administrativo común das administración públicas.

 Xunto coa solicitude todos os interesados deberán presentar a documentación complementaria que se indica nas bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 24 de marzo ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 24 de abril de 2017.

Documentación complementaria de solicitude

Memoria Técnica Bomba de Calor

Memoria Técnica Solar Térmica

- Outorgamento poder de representación

 Documentación complementaria de xustificación

Modelo de certificación do sistema de captación conforme

Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEADER

Modelos documentos

Anexo IV - renuncia da concesión da axuda

- Modelo obrigatorio de publicidade

Zonas elexibles

Están excluidas as zonas consideradas densamente poboadas (ZDP) segundo a clasificación do grao de urbanización da parroquia  (IGE - GU 2016).  

- Mapa grao urbanización (fonte: IGE). 

- Parroquias excluidas.

- Listaxe das parroquias (A Coruña).

- Listaxe das parroquias (Lugo).

- Listaxe das parroquias (Ourense).

- Listaxe das parroquias (Pontevedra).

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500 (opción 1).