INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2017 A PROXECTOS DE BIOMASA PARA ADMINISTRACIÓNS LOCAL E AUTONÓMICA, ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO, EMPRESAS E AUTÓNOMOS

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia  2014-2020. (DOG do 22 de marzo de 2017).

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2017 pola que se redistribúen e minoran os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG do 31 de xullo de 2017).

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2017 sobre ampliación dos prazos establecidos no artigo 22 da Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polos fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo). (DOG núm. 165 do 31 de agosto de 2017).

Relación de axudas concedidas (RESOLUCIÓN de 1 de agosto do 2017)

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos térmicos de biomasa executados en Galicia para á Administración pública, entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes 

  • Inicio: desde o 23 de marzo de 2017
  • Fin: 24 de abril de 2017

Só se admite a presentación electrónica.

Os interesados realizarán ás solicitudes a través de aplicacións informáticas habilitadas para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
 
a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As entidades sen ánimo de lucro.
d) Empresas legalmente constituídas e autónomos
 
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas  dos sectores excluídos do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) núm.  651/2014, do 17 de xuño de 2014, no seu artigo 1.2, entre as que figuran:
 
a) As empresas do sector da pesca e da acuicultura segundo se recolle no Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013.
b) As empresas que operan na produción primaria de produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
c) Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas:
  • Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
  • Cando a axuda este supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma repercútese ós produtos primarios

Intensidade de axudas e contías máximas 

A contía máxima de axuda será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, e terá as seguintes intensidades por beneficiario:
 

Tipo de Beneficiario - Intensidade máxima da axuda

- Entidades locais: 80%   

- Sector público autonómico: 80%

- Entidades Xurídicas sen ánimo de lucro(que no realicen actividade  económica): 50%

- Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica: 50%. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais.

Tendo en conta que na presente convocatoria aplícase a sección 7 do capítulo III do Regulamento (UE) núm. 651/2014 como axudas ao investimento para a promoción da enerxía procedente de fontes renovables (artigo 41.b), para as tipoloxías B establecese como redución, pola inversión equivalente menos respectuosa co medio natural, un 20% dos valores da tipoloxía B3 da táboa anterior, valores que están establecidos en función da potencia. Para as tipoloxías A, a redución será dun 20% sobre os valores da táboa anterior de cada tipoloxía.

A contía máxima da axuda por proxecto será de 200.000 €  e por solicitante de 1.000.000 €.

Prazo de execución e xustificación

A data límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 7 de novembro de 2017. 

Modelos de documentos

Outorgamento de representación

Memoria técnica

Anexo IV - Renuncia

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

Modelo obrigatorio de publicidade 

 Acceso á aplicación informática

Acceso á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500 (opción 4).