INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2017 PARA PROXECTOS DE REDES DE DISTRIBUCIÓN DE CALOR CON BIOMASA PARA AS ADMINISTRACIÓNS LOCAL, AUTONÓMICA E EMPRESAS

A continuación  describense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, ainda que a información que considerarase oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipos de xeración con biomasa, para os anos 2017-2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder-Galicia  2014-2020 (DOG 18 de abril do 2017).
 
RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017 pola que se amplían e se redistribúen os créditos orzamentarios por grupos de beneficiarios, recollidos na Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para os anos 2017-2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG 4 de agosto do 2017).
 
Relación de axudas concedidas para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa financiados con fondos Feder 2017-2018.

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réximen de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipos térmicos de biomasa nun esquema de xeración centralizada e distribución da enerxía térmica mediante redes, executados en Galicia para a Administración pública e empresas.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes 

  • Inicio: 19 de abril do 2017
  • Fin: 18 de maio do 2017

 

So se admite a presentación electrónica.

Os interesados realizarán  as solicitudes a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal , xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Para a presentación das solicitudes poderá emplearse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia,  incluido o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
 
a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes e Universidades do Sistema Universitario Galego.
c) Empresas legalmente constituidas.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas dos sectores excluidos do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño de 2014, no seu artigo 1.2, entre as que figuran:

a. As empresas do sector da pesca e da acuicultura segundo se recolle no Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013.
b. As empresas que operan en la produción primaria de produtos agrícolas que figuran na listaxe do anexo I do tratado.
c. Aquells que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas:
  • Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
  • Cando a axuda este supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma se repercute aos produtos primarios

Intensidade de axudas e contías máximas 

A contía máxima da axuda terá as seguientes intensidades por beneficiario:

Tipo de Beneficiario - Intensidade máxima da axuda

- Entidades locais e entidades dela dependentes: 80%   

- Sector público autonómico e Universidades do Sistema Universitario Galego: 80%

- Empresas, 50%. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais. 

A contía máxima da axuda por proxecto ou por solicitante será de 1.000.000 €

Acceso á aplicación

Clique no seguinte enlace para "Iniciar presentación electrónica na Sede" da Xunta e proceder á cumprimentación/presentación da solicitude.

Prazo de Xustificación

O prazo límite para a execución das inversións vinculadas aos proxectos subvencionados e para presentar a documentación xustificativa das inversións será o 30 de setembro de 2018.

Modelos de documentos

Memoria técnica

Modelos de documentos para a xustificación da inversión

- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER

- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)